Páxinas

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Barouta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Barouta. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de xullo de 2020

BUSCANDO ALTERNATIVAS AO REGO CON POUCO GASTO DE AUGA

Investigando pola rede atopei varios sistemas de rego artesanais. E hoxe, aproveitando que fun a Barouta para regar, puxen en práctica algúns deles. Agora hai que comprobar que funcione, claro!
Cando saín de alí, quedaba pingando en cada sitio.
Poño aquí unhas imaxes. Espero que vos guste! Eu paseino xenial facéndoo.


Aula Barouta

domingo, 15 de marzo de 2020

ESTES DÍAS NA CASA

Estes días toca estar na casa pero podemos gozar coas imaxes do noso traballo no horto. Este ano vai collendo moito xeitiño, non credes?
Pois veredes, este mércores, día 11 de marzo, seguimos engadindo plantas. Puxemos uns pés de leituga e sementamos uns ravos. Ao alumnado de infantil moito lle chamou a atención esas sementes tan miúdas pero que plantaron con moitísimo tino. Teremos uns bos ravos para facer en ensalada!
Xa na aula, un grupo de 2º, fixo a sementeira de cabazas. E seguimos...



Aula Barouta

sábado, 15 de febreiro de 2020

UN GRUPO DE 5º TRABALLANDO NO HORTO

Seica tiñan moitas ganas de vir ao horto e fixeron un bo traballo:preparar a súa parcela de terra para logo plantar as xudías mailos garavanzos. Parabéns!




Aula Barouta

xoves, 13 de febreiro de 2020

UNHA NOCEIRA E UNHA MACEIRA PARA O HORTO

Pero esperamos probar antes os chícharos que as noces. A que vos gusta como van medrando? Esperemos que non veña moito frío.


Aula Barouta

martes, 4 de febreiro de 2020

SEGUIMOS PLANTANDO

HOXE VEU UN GRUPO DE 6º
Pouco a pouco imos enchendo os ocos do noso horto. Xa temos as cebolas agromando e os chícharos comezan a verdear por debaixo da manta. Para a semana xa lla quitaremos.
Mirade o traballo de hoxe!



A que vos gustou?
Aula Barouta

venres, 31 de xaneiro de 2020

SEGUIMENTO DAS MIÑOCAS E DO COMPOSTEIRO

Cada vez que imos ao horto aproveitamos para botarlle unha ollada á caixa das miñocas. De momento van moi ben. Teñen comida e vanse asentando. Pronto teremos ese "humus de miñoca" para o noso horto!!!


O alumnado de Infantil observa atentamente como se moven as miñocas.
Outra nova:
Este ano comezamos a utilizar o compost que producimos o curso pasado. Aínda non  está perfecto pero xa está descomposta toda a materia orgánica que fomos botando e agora ímolo incorporando na terra.
Así estaba o curso pasado.
Así está agora.

Aula Barouta





luns, 27 de xaneiro de 2020

COMEZANDO A SEMENTEIRA NO HORTO

APROVEITANDO QUE O TEMPO MELLOROU, VOLVEMOS AO HORTO PARA POÑER AS PRIMEIRAS SEMENTES: CHÍCHAROS, CEBOLAS, CENORIAS, AMORODOS...

Os grupos de 3ºA e 2º de Primaria son os primeiros que se achegan ao horto. Xa teñen experiencia de anos anteriores e véselles moi contentos e con ganas na tarefa. Fixeron un bo traballo e ben seguro que van recoller os froitos. 
                              Parabéns!!!





Aula Barouta

domingo, 8 de xullo de 2018

NOVAS DO HORTO

HOXE ESTIVEN NO HORTO PARA REGAR UN POUCO E QUITAR ALGUNHA HERBA. QUEDEI CONTENTA DE COMO VAI MEDRANDO TODO. AQUÍ DEIXO UNHAS IMAXES.



Aula Barouta

martes, 1 de maio de 2018

CHEGOU A MEMORIA FINAL DE PROXECTO VOZ NATURA

COMA EN ANOS ANTERIORES, CANDO REMATA ABRIL, TEMOS QUE DAR CONTA DO PROXECTO LEVADO A CABO AO LONGO DO CURSO. AÍNDA FALTAN COUSAS POR FACER PERO AQUÍ VAI UNHA MOSTRA. ESPEREMOS QUE VOS GUSTE.



Memoria 2017 de 2TERE
Aula Barouta

xoves, 15 de febreiro de 2018

DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA

COMEZAN AS SAÍDAS POLA NOSA BISBARRA PARA DESCUBRIR OS SEUS TESOUROS. ALGÚNS ESTÁN BEN Á VISTA PERO OUTROS ESTÁN AGOCHADOS!!!

A equipa da contorna do colexio, presentou hoxe o ciclo de andainas que vai levar a cabo co alumnado do centro a partir da semana próxima. Estas visitas van estar guiadas pola técnica do Concello (Patricia Reboreda) e subvencionadas polo programa Voz Natura.
O alumnado de 4º, 5º e 6º vai ser o primeiro en saír. Para a vindeira semana percorrerán a ruta do "Rego dos Pasos", desde Pousada ata Bertamiráns. 
Pero xa vos contaremos como vai, de momento os prepartivos...

O alumnado de 4º, 5º e 6º  preparando a saída do Rego dos Pasos.


Equipa da Contorna
Aula Barouta

mércores, 24 de xaneiro de 2018

VOZ NATURA

RECUPERANDO O BOSQUE AUTÓCTONO
Desde o colexio queremos aportar o noso gran de area e, por iso, plantamos sementes autóctonas coa idea de velas medrar e logo levar a algún monte da contorna.
As sementes foron recollidas en parques de Santiago.




E agora que os días van medrando...
CHEGA A HORA DE VOLTAR AO HORTO
Preparar a terra, facer as primeiras sementeiras...
Aquí van unhas imaxes.

Este ano cambiamos a zona de plantación para deixar descansar a terra.


Aula Barouta


venres, 30 de xuño de 2017

SEGUIMOS COA DESPEDIDA

RECOÑECEMENTOS A PABLO
Quedamos tan impactados co tema dos drons que fixemos este libriño para ti, Pablo. Sabemos que che vai gustar.














DESPEDIDA DO CURSO 
O PASADO VENRES, 23 DE XUÑO, REMATAMOS 5º E ISTO FOI O QUE FIXEMOS PARA PECHAR, UN MANDALA COAS NOSAS LEMBRANZAS.


Aula Barouta

martes, 27 de xuño de 2017

ADEUS

O PASADO 23 DE XUÑO, DESPEDIMOS 5º DE PRIMARIA E A TERE. FOI UN DÍA EMOTIVO PERO ANTES DE CONTALO QUERO QUE VEXADES AS DERRADEIRAS ACTIVIDADES QUE ORGANIZAMOS. SON UN FEIXE DELAS E AQUÍ VAI UNHA MOSTRA.


"Adeus quinto de primaria" de 2TERE

Espero que vos guste!
Aula Barouta

mércores, 21 de xuño de 2017

UNHA SAÍDA MOI FORESTAL

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE BAROUTA VISITAMOS LOURIZÁN, A ESCOLA DE ENXEÑARÍA FORESTAL EN PONTEVEDRA E A LAGOA CASTIÑEIRAS

Pois si que foi unha saída produtiva e ben aproveitada. Tiñamos previsto o de Lourizán e o de Cotorredondo pero o de visitar unha escola da Universidade de Vigo... foi unha sorpresa. É algo que lle temos que agradecer a Juan Picos, profesor nesta escola e pai do noso compañeiro Miguel.
Que sorte poder contar coa súa guía, que importantes nos sentimos. E logo ademais díxonos dun lugar ben bonito para xantar: a "Illa das esculturas", ao pé do río Lerez.
Aí van unhas imaxes pero xa poremos máis. Graciñas Juan, pola túa dedicación.


Pazo de Lourizán

Amosando un batelumes, nun dos laboratorios da universidade.


Ao final,agasallounos cunha caixa niño para o cole. Para o ano que vén colocarémola no noso patio.

Unha das mámoas que hai en Cotorredondo.
E, por hoxe nada máis. Temos máis fotos pero estamos a preparar un álbum con imaxes das últimas saídas do trimestre. Xa veredes que mogollón!
Aula Barouta


domingo, 11 de xuño de 2017

PABLO GARALOCES EN BAROUTA

SABEDES QUE É UN DRONE? CANTOS TIPOS DIFERENTES HAI? COMO E ONDE SE PODEN VOAR? QUE BENEFICIOS NOS APORTAN?... ESTAS E OUTRAS MOITAS PREGUNTAS CONTESTOUNAS PABLO NO NOSO COLEXIO.
Resulta que o pasado xoves día 8, tivemos unha clase ben especial. Pablo é o papá de Martina, a nosa compañeira, e ten unha produtora audiovisual; pero o mellor de todo é que sabe un montón de drons. Trouxo tres ao colexio e fíxonos unha demostración no patio que quedamos pampos. Ademais fíxonos un vídeo e un montón de fotos que nos van quedar para o recordo. Aquí vai unha mostra.



E agora unha das imaxes que nos fixo Pablo a todo o Centro... a que quedou fantástica?


Aula Barouta