Páxinas

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta horto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horto. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de xullo de 2020

BUSCANDO ALTERNATIVAS AO REGO CON POUCO GASTO DE AUGA

Investigando pola rede atopei varios sistemas de rego artesanais. E hoxe, aproveitando que fun a Barouta para regar, puxen en práctica algúns deles. Agora hai que comprobar que funcione, claro!
Cando saín de alí, quedaba pingando en cada sitio.
Poño aquí unhas imaxes. Espero que vos guste! Eu paseino xenial facéndoo.


Aula Barouta

domingo, 15 de marzo de 2020

ESTES DÍAS NA CASA

Estes días toca estar na casa pero podemos gozar coas imaxes do noso traballo no horto. Este ano vai collendo moito xeitiño, non credes?
Pois veredes, este mércores, día 11 de marzo, seguimos engadindo plantas. Puxemos uns pés de leituga e sementamos uns ravos. Ao alumnado de infantil moito lle chamou a atención esas sementes tan miúdas pero que plantaron con moitísimo tino. Teremos uns bos ravos para facer en ensalada!
Xa na aula, un grupo de 2º, fixo a sementeira de cabazas. E seguimos...



Aula Barouta

sábado, 15 de febreiro de 2020

UN GRUPO DE 5º TRABALLANDO NO HORTO

Seica tiñan moitas ganas de vir ao horto e fixeron un bo traballo:preparar a súa parcela de terra para logo plantar as xudías mailos garavanzos. Parabéns!




Aula Barouta

xoves, 13 de febreiro de 2020

UNHA NOCEIRA E UNHA MACEIRA PARA O HORTO

Pero esperamos probar antes os chícharos que as noces. A que vos gusta como van medrando? Esperemos que non veña moito frío.


Aula Barouta

martes, 4 de febreiro de 2020

SEGUIMOS PLANTANDO

HOXE VEU UN GRUPO DE 6º
Pouco a pouco imos enchendo os ocos do noso horto. Xa temos as cebolas agromando e os chícharos comezan a verdear por debaixo da manta. Para a semana xa lla quitaremos.
Mirade o traballo de hoxe!



A que vos gustou?
Aula Barouta

venres, 31 de xaneiro de 2020

SEGUIMENTO DAS MIÑOCAS E DO COMPOSTEIRO

Cada vez que imos ao horto aproveitamos para botarlle unha ollada á caixa das miñocas. De momento van moi ben. Teñen comida e vanse asentando. Pronto teremos ese "humus de miñoca" para o noso horto!!!


O alumnado de Infantil observa atentamente como se moven as miñocas.
Outra nova:
Este ano comezamos a utilizar o compost que producimos o curso pasado. Aínda non  está perfecto pero xa está descomposta toda a materia orgánica que fomos botando e agora ímolo incorporando na terra.
Así estaba o curso pasado.
Así está agora.

Aula Barouta





luns, 27 de xaneiro de 2020

COMEZANDO A SEMENTEIRA NO HORTO

APROVEITANDO QUE O TEMPO MELLOROU, VOLVEMOS AO HORTO PARA POÑER AS PRIMEIRAS SEMENTES: CHÍCHAROS, CEBOLAS, CENORIAS, AMORODOS...

Os grupos de 3ºA e 2º de Primaria son os primeiros que se achegan ao horto. Xa teñen experiencia de anos anteriores e véselles moi contentos e con ganas na tarefa. Fixeron un bo traballo e ben seguro que van recoller os froitos. 
                              Parabéns!!!





Aula Barouta

domingo, 8 de xullo de 2018

NOVAS DO HORTO

HOXE ESTIVEN NO HORTO PARA REGAR UN POUCO E QUITAR ALGUNHA HERBA. QUEDEI CONTENTA DE COMO VAI MEDRANDO TODO. AQUÍ DEIXO UNHAS IMAXES.



Aula Barouta

domingo, 21 de maio de 2017

NOVAS DO HORTO

RECOLLENDO OS PRIMEIROS FROITOS: CHÍCHAROS MARABILLOSOS

A semana pasada, recollemos os primeiros chícharos e nesta conseguimos outros poucos. Así puidemos probalos. Desta vez, tocoulles á rapazada de primeiro. Creo que estaban moi bos pois non quedou nada, só o cheiro polo corredor.
Haberá máis, non vos preocupedes!


Eugeny e Bruno axudaron a trasplantar a glicinia. Oxalá lle guste o novo emprazamento!
Aula Barouta


mércores, 10 de maio de 2017

NOVAS DO NOSO HORTO

PEMENTOS DE PADRÓN PERO CON DENOMINACIÓN ESPECIAL!

A semana pasada tivemos un agasallo para o noso horto: dúas plantas de "pemento celta" ecolóxico. O papá de Miguel foi o que nolas enviou. Xa sabe dos nosos gustos!!! 

Pero tamén nos visitou Elvira, a mamá de Antía, e tróuxonos phisalis. Que ricos! Pronto medrarán os nosos tamén.

                                               Moitas grazas polos agasallos.




Que gusto dá recoller os primeiros froitos.

Aula Barouta


domingo, 5 de febreiro de 2017

ÚLTIMAS NOVAS

UN OBRADOIRO DE COCIÑA EN INGLÉS 
E OUTRO NO HORTO


Hai uns días, na clase de inglés, organizamos un pequeno obradoiro de cociña. Tratábase de pór en práctica todo o vocabulario que viñamos aprendendo. A profe Elena trouxo as cousas e nós puxemos o interese e o traballo. Foi estupendo e o batido estaba xenial. Aí vai a mostra fotográfica. 




VOLTA AO HORTO ANTES DO TEMPORAL
O mércores día 1, volvemos ao horto, nun descansiño que nos deixou o tempo. Xa era hora de que puxeramos os chícharos, as cebolas, as acelgas, amorodos ...  a ver se estas chuvias que anuncian non afogan as sementes!!!

Aula Barouta

venres, 28 de outubro de 2016

NOVA VISITA AO HORTO

FLORES E UN SALTÓN "ASASINO"

Hoxe, ao rematar o recreo, fomos ao horto. Facía sol, estabamos poucos… levamos o caldeiro da materia orgánica, un sacho, unas tesoiras e unha caixa. Cal sería a proposta???
O primeiro foi situarnos ao redor do tallón das flores. Pouco a pouco, fomos cortando as flores secas dos caraveis indios para, logo recoller as súas sementes e plantalas na primavera.
Ao rematar, aproveitamos para percorrer o horto e observar as plantas que temos. Vimos que no sitio onde florearan as caléndulas, había un montón de plantiñas. Menos mal que a profe nolas amosou que senón pisariámolas. Como hai tantas, pensamos que podemos coller algunhas e regalalas entre as familias que teñan horto.
Despois fixemos un paseo polas aromáticas. Tocámolas e logo ulimos as mans. Algunhas cheiraban moi ben pero outras… teñen un olor moi forte, coma a ruda, por exemplo. Aínda que isto é cuestión de gustos…ou de olores!
Xa nos iamos ir, cando un saltón se pousou en Antía e logo en Martina… ui! Que nervios pasaron! Finalmente collémolo e levámolo para a aula para podelo examinar coa lupa.
Agora só quedaba enterrar o lixo orgánico na zona axeitada para contribuír á mellora da terra.

Foi un alto no medio de tanta cabaza e tanto Samaín




Aula Barouta



xoves, 28 de abril de 2016

MEMORIA PROXECTO VOZ NATURA

"RIAMONTE, UN LUGAR PARA COÑECER"

Este é o título do proxecto que desenvolvemos este curso no colexio, xunto co de Agro do Muíño.
Pateamos este lugar, próximo ao noso centro, coñecemos os seus sendeiros, admiramos as vistas desde o San Marco, quitamos hedra das paredes dos muíños e do tronco das sobreiras... estas foron algunhas das actividades realizadas. Foi un traballo ben interesante e que vos animamos a que miredes con calma.
Nós aprendemos moito e agardamos que vós, lectores e lectoras, tamén o fagades.
Pero esta memoria non vai só de Riamonte. Tamén contamos a nosa experiencia no horto.
Oxalá vos guste!



domingo, 3 de abril de 2016

FESTA DA PRIMAVERA

POESÍA NAS ÁRBORES
Este foi o lema que escollemos este ano para celebrarmos, no colexio, A Festa da Primavera.
Pola mañá fomos saíndo, por quendas, todas as aulas para facer a plantación de árbores froiteiras no horto, algunhas ornamentais e outras de madeira, na fraga que estamos procurando a carón do horto. Despois do recreo fixemos o recitado dos poemas que tiñamos seleccionados con anterioridade para colgalos, finalmente, nalgunha das árbores do patio.




 Foi unha xornada ben bonita e da que xa contaremos máis cousas en días vindeiros.
Pero é que tamén abrimos o Barsexto, así que foi unha xornada ben variada e intensa.
 Aula Barouta

sábado, 19 de marzo de 2016

REMATAMOS TRIMESTRE

VOLVEMOS AO HORTO, APROVEITANDO QUE O TEMPO VAI MELLORANDO

Estes días estivemos preparando a sementeira: flores, aromáticas e hortalizas para levar logo ao horto. Estreamos un invernadoiro que puxemos na entrada do cole para protexer a xermolación das sementes. Está sendo moi interesante ver o proceso paso a paso.




 Aula  Barouta

sábado, 16 de xaneiro de 2016

COLLENDO DE NOVO O RITMO

UNHA SEMANA CHEA DE NOVAS
A verdade é que levamos poucos días no cole pero xa fixemos un montón de cousas. Será que xa estamos collendo o ritmo!!!
Aí vai unha mostra da nosa actividade.




 E agora, ademais de estudar e facer as tarefas, xa andamos a argallar o disfrace para o Entroido. Promete, promete!!!
Aula Barouta 

sábado, 13 de xuño de 2015

Mais novas

ACHÉGASE O FINAL!



Xa estamos rematando! 
Nunha semana estamos de vacacións e que falta nos fan! Xa rematamos os exames e agora temos máis tempo para volver ao horto e ir pechando o resto de actividades. Aínda nos queda algo importante pero xa vos iremos contando. Hoxe van estas imaxes. Que vos gusten! E mañá festa!




Aula Barouta

domingo, 31 de maio de 2015

Froitos do horto

recollendo froitos
o venres, pola tarde recollemos estes chícharos. Se o luns están maduros os que quedan, poderemos facer unha rica minestra...

a ver se resolvedes o enigma!!!


Aula Barouta

luns, 4 de maio de 2015

O NOSO HORTO

MEMORIA DO TRABALLO REALIZADO AO LONGO DESTE CURSO NO HORTO
Non se precisa comentario, pois todo está aí. Botádelle un ollo e logo vide polo cole e védelo. 


Memoria horto 2014 15 from 2TERE

Aula Baraouta