FIN DE SEMANA EN ALVARELLA
A
1ª fin de semana de xuño, o grupo de 4º menos Dani e Fátima, fomos de excursión
ás Fragas do Eume –parque natural- e aloxámonos nun albergue, Alvarella. Foi unha
experiencia inesquecible e aprendemos a ser máis autónomos e a medrar.
Falando do
albergue
Alvarella
está en Vilamaior, na parroquia de Doroña, preto de Pontedeume. Un albergue de
ecoturismo, é dicir, que permite vivir en contacto coa natureza pero dun xeito
ecolóxico, sen invadila, sen contaminala. Alí respírase tranquilidade.
Os
cuartos están aliñados, son pequenos pero acolledores. O comedor, grande, para
comer produtos do horto e ensaiar responsabilidades (pór a mesa, recoller,
varrer...). A palleira, reconstruída para zona de actividades. Nela fixemos
xogos, a velada e os saquiños aromáticos coas herbas do horto. Ademais, conta
cun campo de fútbol, un parque, unha piscina, un bosque ... todo para gozar. Para
o funcionamento do albergue, usan enerxías renovables (eólica e solar).
seguiremos contando ...