UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS
Consta de 23 paneis a toda cor e un audiovisual. Todo está colocado no primeiro andar do colexio, entre a Biblioteca e o corredor central. Estará aberta do 17 ao 28 de abril.
Esta exposición é un empréstito do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Esta exposición é un empréstito do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Que é unha Area Mariña Protexida?
Que beneficios aporta?
Reservas mariñas mundiais ...
Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos
recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais
como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos
(vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a
degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha
magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a
escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os
ecosistemas mariños.
Aula Barouta