Páxinas

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de xaneiro de 2017

FALANDO DE LIBROS E HISTORIAS


LENDO COLECTIVAMENTE E APRENDENDO

Esta historia comezámola xa no outro trimestre pero como facemos a lectura colectiva aínda non a rematamos. Xa queda pouco!Ao mesmo tempo que gozamos da aventura de Ana, imos sabendo dun país africano ben interesante, Tunicia.


Eu son Ana, unha nena baixiña e co pelo rizo e vermello. Este Nadal fun con meu pai de vacacións a Tunicia para coñecer unha cultura diferente da nosa.
A entrada no país foi un pouco de aventura pois chegamos tarde e logo tivemos que coller unha furgoneta vella para chegar ao noso hotel, na capital, Túnez. Polo camiño, ía pensando <<cando chegaremos?>>, <<vaia sitio máis estraño>>, <<a onde me trouxo meu pai!>>
O hotel era fermoso, parecía un palacio. Que ben durmín!
Ceando, coñecemos a un arqueólogo, Mr Webster, a Giulia e o príncipe Navaí, uns personaxes que van ter moita importancia na miña viaxe. Pero, para min, o importante foi coñecer a Abdullah, un mozo guapo do lugar, que me ensinou o país, a súa cultura e co que corrín moitas aventuras.

Cantas ganas teño de contarllo a Uxía cando volva a Galicia. Non o vai crer!


Se queredes saber como remata a historia do secuestro e que pasou coas ruínas... collede este libro na biblioteca do colexio. A nós gústanos!
Aula de 5º

xoves, 30 de abril de 2015

FALANDO DE LIBROS E POESÍA

Conversando con Rivadulla Corcón
Segundo nos dixo, a Corcón encántalle a poesía e por iso nos seus libros sempre aparece algún poema. Tamén nos contou que lle gusta moito falar da súa terra, a comarca da Costa da Morte, e do mar, sempre presente nos seus relatos.
Enterámonos de que "corcón" é a cría do muxo. Cando era pequeno, alguén lle dixo que era un corcón porque era miúdo. E de grande úsao coma apelido. Fermosa historia!
Foi unha conversa arredor dos seus libros e das preguntas que lle iamos formulando. Ao remate, asinounos todos os libros. 
                                Un verdadeiro pracer!
                                                                      Ata outra!

Aula Barouta

sábado, 25 de abril de 2015

ENCONTROS CON...

ESTE ANO VISÍTANOS O ESCRITOR X. H. RIVADULLA  CORCÓN

O alumnado de 5º e 6º estivemos a ler a Rivadulla Corcón. Na Biblioteca do Centro temos varios libros seus, mais este curso centrámonos en dous: "Soños de mar" e "Os piratas da Illa de Esperanza"
Encantáronnos as dúas historias e estamos desexando escoitalo. Este luns, día 27 de abril, virá ao noso colexio. Agardamos este encontro con impaciencia.

Resultado de imaxes para rivadulla corcón


Resultado de imaxes para rivadulla corcón

 Resultado de imaxes para rivadulla corcón


xoves, 22 de xaneiro de 2015

A ILLA DE TODAS AS ILLAS

LENDO A XABIER DOCAMPO

Ola chicas e chicos!
Aí vai, á fin, a tarefa que tedes que facer ao respecto da lectura do libro de Xabier. Buscade o xeito de saber o contido das 5 páxinas, de acordo? Aí van e BOA SORTE!








AULA BAROUTA

venres, 25 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO e SAN MARCOS

DO 23 AO 25 DE ABRIL: LEMBRANDO A CERVANTES E LENDO A XABIER P. DO CAMPO "A illa de todas as illas"
 
Lendo, no corredor, un minirrelato do libro "27 historias para tomar a sopa"






 Para celebrarmos o día do libro lemos un pouco do Quixote. Que lingua máis rara! Iso foi o que pensamos nun primeiro momento pero logo si que logramos entender algo. Entre todos soubemos un pouco máis deste personaxe da literatura universal, Don Quixote, ese fidalgo, amigo da caza e que toleu de ler tantos libros de cabalarías.
Nós na aula, tamén probamos a ser escritores, seguindo a técnica do microrrelato. Foi unha experiencia interesante.

O 25 de abril: Día de San Marcos 
  •  O noso monte, chámase San Marcos e vixía o noso cole e o noso horto.



  •  En Noia están de festa grande.
  •  E en Portugal lembran a <<Revolución dos Caraveis>>, cando os soldados levaban caraveis vermellos nos fusís e cantaban Grándola. Nós oímola na clase e gústanos o que di:
           Grándola, terra da fraternidade...
                                                 En cada esquina un AMIGO!
                                                                                    En cada rostro, a IGUALDADE!