Páxinas

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de febreiro de 2017

MÓVOME POLA PAZ

O DÍA 8 DE FEBREIRO FIXEMOS, POR FIN, A CARREIRA SOLIDARIA

Despois dunha semana agardando, chegou un día solleiro para poder celebrar a carreira. Todo a punto: a meta, o percorrido, o podium... Ás doce comezaron os de infantil e logo, por quendas, fomos saíndo todas as categorías ata chegar aos maiores. O noso percorrido saía do colexio pola pista do monte cara a Seares, logo baixamos cara a San Amaro e, finalmente, pola estrada ata o colexio. Foi potente, a verdade. Custou un pouco pero fixémolo. 
Logo tiñamos premio: mochila con auga, batido, froita, un libro dos Bolechas... e a satisfación de telo feito.
O resto do tempo, descansamos no patio, xogamos, sacamos fotos...
Da nosa clase, Subiu ao podium Rubén. Parabéns!
Seguro que para o ano xa nos sae mellor.


Preparados para a carreira.

Ao remate, menudo mogollón!

Aula Barouta

luns, 30 de xaneiro de 2017

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

"MÓVOME POLA PAZ"... QUE SIGNIFICA?
"Móvome pola Paz", é o lema do noso colexio para nomear a "I Carreira Solidaria" na que vai participar a Comunidade Educativa. Asociada a esta carreira, está unha campaña de recollida de alimentos para colaborar co Banco de alimentos de Ames.
Con todo isto, queremos destacar valores coma:
  • a solidariedade
  • o compañeirismo e a deportividade
  • o compartir co que ten máis necesidades ca nós
  • a xenerosidade
  • a axuda e a colaboración
A semana pasada, estivemos facendo as medallas e as camisetas para o evento. A verdade é que quedaron ben fermosas. Aí vai unha proba.
O propio día, cantando "O mundo é grande"

E para rematar o día, aí vos deixo unha curtametraxe. Espero que vos guste!



Aula Barouta


domingo, 31 de xaneiro de 2016

DIA DA PAZ

O VENRES 29 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO COLEXIO

O venres foi un día ben atarefado para nós. Por unha banda abrimos o noso bar, e unha vez máis tivemos moito éxito de vendas. Pero é que tamén celebrabamos o Día da Paz. Este ano construímos entre todos o libro das apertas. Foi unha historia ben bonita.
A nosa reflexión neste día, vai impregnada do malestar que nos produce saber de tantas mulleres e nenas vítimas da violencia de xénero así coma das persoas que viven na rúa por non teren cubertas as necesidades básicas. Cara a elas vai a nosa aperta de grupo, solidaria e de corazón.

O venres pasado, 22 de xaneiro, no bar.





Que vos parece? A que non mentía cando dicía que fora unha xornada ben completa?
E para a semana...
O ENTROIDO 

NON ESQUEZADES TRAER O LUNS ALGO ESPECIAL NA CABEZA PARA INICIAR A SEMANA.
Aula Barouta

mércores, 4 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

O venres, día 30 de xaneiro, celebramos no noso cole o Día da Paz. Cada ano aprendemos algunha canción nova. Este ano gustounos moito unha de Ana Torroja, "Sonrisa". Pero tamén gozamos con Toc Toc, de Pablo Díaz; a Rumba das apertas, de Magín Blanco; o Mundo é grande, de Belén Junquera. Pero sempre rematamos coa canción "No dudaría", de Antonio Flores.
Este ano, descubrimos moitas cousas desta efemérede. Resultou interesante. Logo, o propio día, estampamos as nosas mans nun friso que percorría todo o cole. Que bonito!







Aula Barouta

domingo, 2 de febreiro de 2014

Un novo ano, novas ideas!

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ!!! 

GRAZAS AO CONTO  DE R. CARIDE, SOUBEMOS DOS NENOS DA RÚA E ALGO SOBRE A FIGURA DE GANDHI