Páxinas

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Bibliobarouta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliobarouta. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de abril de 2017

ENCONTRO CON DAVID PÉREZ IGLESIAS

TODO O TEMPO DO MUNDO
Hoxe, 19 de abril, tivemos a sorte de contar coa presenza de David Pérez Iglesias na nosa Bibliobarouta. 

Ao longo do trimestre pasado, o alumnado de 5º e 6º estivemos lendo a súa novela "Todo o tempo do mundo", que foi o derradeiro premio Merlín de Xerais. Foi unha gozada lela e tamén falar con el. Que historia tan bonita! Na nosa aula deunos pé para falar de moitas cousas que as temos aí á vista pero que xa non se usan ou que xa non lles damos ese valor. Hoxe mesmo, veu Iria e trouxo á aula un trebello ben curioso, do que se fala na novela, e que servía para atar os monllos de centeo. David fíxonos unha explicación práctica. Que interesante, a verdade. 
A nosa historia atópase moitas veces en caixas no faiado ou nos trasteiros das casas vellas. Oxalá esta novela nos sirva para investigar sobre o noso patrimonio. 
David, contounos que el escribía como falaba, coa lingua que lle oíra aos seus avós, pais e veciños. Vese que é unha persoa ben observadora. Grazas por nolo contar e que sigamos contando coas súas novelas!
Unha aperta desde Barouta!



David ensinounos algúns dos seus tesouros da infancia: unha revista sobre física.

Christian deulle o noso diploma de Bibliobarouta para agradecerlle a súa presenza aquí.

Este trebello de madeira era para atar os monllos de centeo ou trigo cando se segaba. A primeira vez que viramos tal cousa.
Aula Barouta