Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 20 de novembro de 2013

TEMPO DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO EN BAROUTA

Ui, temos un montón de novidades que esperamos vos gusten:

- un video que fixeron uns compas da clase (querémolo subir pero fáltanos o programa para reducir o peso, mágoa!) A verdade é que o vimos na aula e encantounos, grazas Teo e Nasti!

- fotos do Samaín e do Magosto 

- un enlace pois hoxe celébrase o "Día dos dereitos do neno e da nena"

O día 30 celebramos o Samaín. Este ano o alumnado de Primaria celebrámolo no corredor do primeiro andar e o de Infantil no da planta baixa. Trouxemos un montón de  cabazas. Algunhas eran moi divertidas.

Neste mural traballamos toda a clase. Que bruxa máis xeitosa! Aínda que moito medo non mete!

Aquí estamos, celebrando o Samaín: algún conto, algunha canción e moitas bruxas e esquletos no público.
Hai que mirar con atención, non si?                
Alegría e bo humor para despedir a xornada.
E o día 8 de novembro, fixemos a festa das castañas, o MAGOSTO. De sempre, no noso cole, aproveitamos esta data para organizar xogos no pavillón. Este ano houbo: baile coa castaña, tiro de corda, carreira de sacos e outra en parella cos pés atados... Despois dun anaco xogando fomos probar as castañas. Había moitas e estaban realmente moi ricas. 
Aínda tivemos tempo para xogar polo patio e borrar toda a cara con carbón. Isto é algo moi, moi divertido e que sempre agardamos con gusto.
            Ata o ano que vén!




Aula Barouta


 

 

 

martes, 12 de novembro de 2013

SORPRESA, SORPRESAAAAAAAAAA!

Hoxe, cando estabamos na clase, veu a profe Marta e amosounos algo que atopara no patio... 



                   Que será? 
                                    Que raro! 
                                                       Nunca tal vin!
 Despois de examinar, vimos que eran dúas lesmas que se estaban apareando. Deseguida miramos en internet, claro, e aprendemos algo que nunca nos preocupara antes.
Agora sabemos que as babosas son hermafroditas e se queres saber máis de como se reproducen clica aquí.

            Foi todo un descubrimento!!!!!!!!!!!!

 Aula Barouta

venres, 25 de outubro de 2013

Tempo de outono: samaín, magostos ...  estamos no tempo de pasar medoooooooooooooo!

 Se clicades neste enlace teredes un montón de sorpresas e de novidades. Probade!
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain

venres, 18 de outubro de 2013


TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL, UNHA OBRA ESPECTACULAR

Xa estamos aquí outra vez para contar a excursión a Santiago, que fixemos co grupo de 3º, para ver unha obra de teatro do homenaxeado Roberto Vidal Bolaño, un gran artista do teatro galego.
A compañía "Teatro do Noroeste" xunto coa CDG, representaban esta obra no Salón Teatro e nós fomos e gustounos moito. Trátase dunha obra fantástica e algo confusa (ao primeiro non entendiamos moito pero logo ao comentalo na clase fómonos aclarando). Ten moitos personaxes divertidos aínda que só había 4 actores facendo de demos, fadas, da Lúa e do Sol... A escenografía era sinxela pero axeitada, pois cun carro e unhas cortinas lembraban os tempos de antes cando os titiriteiros ían, de feira en feira, contando as súas historias. O vestiario, acorde coa época, gustounos moito, sobre todo algún coma o da lúa e do sol, o da serpe...
Todos opinamos que foi interesante e recomendable. Asique xa sabedes!

Foi unha saída agradable.
E, para rematar, fomos ao parque da Ferradura. Pasámolo moi ben!






Se clicas neste enlace, terás información sobre a obra e os actores. Que gocedes moito!
http://www.centrodramatico.org/mediateca/documentacion/cdg/touporroutou/dossier_prensa.pdf

                                                                                                        aula barouta

mércores, 2 de outubro de 2013

VISITA Á GRANXA DE VACAS EN BUSTO-MAZARICOS

                                     Se clicas no enlace verás as fotos da nosa visita a Busto que colgou Feiraco
https://www.facebook.com/pages/Polo-correo-do-vento/129242989930?ref=stream&hc_location=timeline
O venres pasado, fomos de excursión a Mazaricos para ver a granxa que ten Feiraco na aldea de Busto. É unha explotación gandeira con 530 vacas estabuladas pero en liberdade, é dicir, pódense mover para comer, beber e saír ao exterior. Á parte, teñen uns cochos individuais para meteren os becerriños. Déixanos alí dous meses e aliméntanos co leite das vacas que lles botan nuns caldeiros con "mamadeiros". Nós tivemos a oportunidade de lle dar de mamar a un deles e foi a primeira vez para moitos.
Coñecemos a Mau e Pin, que son un escritor e un ilustrador de contos infantiles que fixeron un mural xigante na parede da granxa para explicar o proceso do leite. É moi bonito, cheo de cor e moi explicativo. Gustounos moito!!!
E sabedes que? Que fixemos unha vaca, Chenoa, seguindo as instrucións do ilustrador. Agora témolas colgadas no corredor da nosa clase para que todo o mundo as vexa. Saíronnos estupendas!!!

E agora aí van unhas fotos... 

 
Que mural tan bonito, a que si?


Gústannos estes contadores!

Aprendemos a debuxar a vaca Chenoa.

Este é o resultado.

De paseo polo establo:


Aínda quedan unhas poucas!

                   Foi unha excursión chulísima! 
                                                                Jessi, mágoa!
                    
                            !!!!!!!!!!!! 

As que faltaban!  

Que agradable ao tacto!

Que fame ten!

Gústache?

Mama, mama, que así medras máis!
                                                     Aula Barouta


mércores, 25 de setembro de 2013

AQUÍ ESTAMOS OUTRA VEZ!!!!!!!!!!!


Estamos en 4º e somos máis!

Este curso empezamos con dúas compañeiras novas (María e Nasti) e botando de menos a Jessica que aínda non se incorporou. Anda de viaxe e agardamos que veña con fotos e novas para contarnos.

Xa estamos collendo o ritmo do novo curso despois de despedir o verán con algo de pena.    

Traeremos cousas novas!

                                  chao!             

mércores, 28 de agosto de 2013


UNHAS FOTOS PARA GOZAR NESTES DÍAS QUE NOS QUEDAN!!!

Olaaaa! como vai? xa queda pouco para vernos!

Mirade, é que Teo mandoume un enlace que seguro vos vai gustar. Trátase dun traballo que fixo este fotógrafo (Galimberti) no que retratou nenas e nenos de todo o mundo cos seus xoguetes favoritos. 
A que os recoñecedes todos?

                                              É a maxia do xogo!!!!
Que vos guste!
Bicos, Tere

http://www.gabrielegalimberti.com/projects/toys-2/#

(Só tedes que picar no enlace e xa se abre)