Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 22 de febreiro de 2018

ANDAINA CO ALUMNADO DE 4º DE BAROUTA

O MARTES, DÍA 20, FIXEMOS A PRIMEIRA SAÍDA A PÉ POLA CONTORNA. AQUÍ VAN UNHAS IMAXES DO QUE VIMOS PERO LOGO XA CONTAREMOS MÁIS POLO MIÚDO.








Aula Barouta


mércores, 21 de febreiro de 2018

REGO DOS PASOS

UN POUCO DE INFORMACIÓN
Esta semana fará esta ruta o alumnado de 4º, 5º e 6º en dous grupos diferentes. 



Equipo da Contorna
Aula Barouta

xoves, 15 de febreiro de 2018

DESCUBRINDO A PREHISTORIA POLA CONTORNA

COMEZAN AS SAÍDAS POLA NOSA BISBARRA PARA DESCUBRIR OS SEUS TESOUROS. ALGÚNS ESTÁN BEN Á VISTA PERO OUTROS ESTÁN AGOCHADOS!!!

A equipa da contorna do colexio, presentou hoxe o ciclo de andainas que vai levar a cabo co alumnado do centro a partir da semana próxima. Estas visitas van estar guiadas pola técnica do Concello (Patricia Reboreda) e subvencionadas polo programa Voz Natura.
O alumnado de 4º, 5º e 6º vai ser o primeiro en saír. Para a vindeira semana percorrerán a ruta do "Rego dos Pasos", desde Pousada ata Bertamiráns. 
Pero xa vos contaremos como vai, de momento os prepartivos...

O alumnado de 4º, 5º e 6º  preparando a saída do Rego dos Pasos.


Equipa da Contorna
Aula Barouta

domingo, 11 de febreiro de 2018

xoves, 1 de febreiro de 2018

PREPARAR A TERRA E PLANTAR

REMATOU XANEIRO E XA TEMOS NOVA PLANTACIÓN


Xa estamos desexando que nazan os chícharos para probalos. O ano pasado estaban riquísimos.
Aula Barouta

mércores, 24 de xaneiro de 2018

VOZ NATURA

RECUPERANDO O BOSQUE AUTÓCTONO
Desde o colexio queremos aportar o noso gran de area e, por iso, plantamos sementes autóctonas coa idea de velas medrar e logo levar a algún monte da contorna.
As sementes foron recollidas en parques de Santiago.




E agora que os días van medrando...
CHEGA A HORA DE VOLTAR AO HORTO
Preparar a terra, facer as primeiras sementeiras...
Aquí van unhas imaxes.

Este ano cambiamos a zona de plantación para deixar descansar a terra.


Aula Barouta


xoves, 18 de xaneiro de 2018

VOZ NATURA 2017-18

COÑECENDO A CONTORNA: 
   OS PETRÓGLIFOS E AS CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS

Xa estamos outra vez en marcha. A partir do mes que vén iniciamos as saídas polo noso Concello. Animádevos que imos aprender un montón de cousas sobre muíños, hórreos, fontes milagreiras... e tamén dos petróglifos que se conservan preto do noso colexio.
De momento ide adestrando para a Carreira do Día da Paz, que vos vai vir moi ben para facer as andainas.
Déixovos unhas imaxes. 
                                             Que vos gusten!

Rego dos Pasos
Rego Andoriña

Aula Barouta