Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 28 de agosto de 2013


UNHAS FOTOS PARA GOZAR NESTES DÍAS QUE NOS QUEDAN!!!

Olaaaa! como vai? xa queda pouco para vernos!

Mirade, é que Teo mandoume un enlace que seguro vos vai gustar. Trátase dun traballo que fixo este fotógrafo (Galimberti) no que retratou nenas e nenos de todo o mundo cos seus xoguetes favoritos. 
A que os recoñecedes todos?

                                              É a maxia do xogo!!!!
Que vos guste!
Bicos, Tere

http://www.gabrielegalimberti.com/projects/toys-2/#

(Só tedes que picar no enlace e xa se abre)

xoves, 25 de xullo de 2013

SORPRESAAAAAAAAAAAA

Ola! hoxe cando abrín o meu correo atopeime con esta noticia de Teo. Contoume que a familia de pitos xa case son galos e galiñas. Medraron un montón. Patricia fixo unha foto e aí vola poño.

Que? A que non o esperabades?
Grazas Teo e Patri.
Un bico e a seguir gozando do verán!
Tere

sábado, 13 de xullo de 2013

UN CONTO



Este conto escribiuno Teo para unha tarefa de clase, logo mellorouno e aí vai o resultado. Gustounos moito cando nolo leu  na clase e pensamos que sería xenial publicalo no noso blog. Como non deu tempo a facelo daquela, vai agora para que gocemos no verán coa súa lectura. Ánimo e a seguir practicando.





O     AVIÓN   DO   ECLIPSE

          Aquí estou eu, Ramiro Maio, o policía sensacional nun misterio eu só buscando probas de vida. Bueno, empecemos desde o principio: onte, estaba reunindo fotos do misterio pasado cando chamaron á porta. Era un señor que quería avisarme de sucesos estraños en Lugo, na Serra do Courel:

-  Desde o accidente do avión que se estrelou alá -díxome el-, desapareceunos comida e parte da nosa reserva privada de auga.

-  Qué avión se estrelou? -pregunteille eu-  e que non leo moito o xornal, polo traballo.

-  Non é culpa súa, o periódico de alá non se emite aquí, na Coruña -contestoume. Pois foi o avión eclipsado, no que Xerardo Prados, o piloto máis famoso de Lugo, levou a unha sección primaria de Pontevedra ata ao Courel. Xa case chegando, apareceu o eclipse e Xerardo non puido facer ren...... Pero, alguén quedou vivo. Desgraciadamente, non se sabe quen. Esa persoa necesita seguir vivindo, pero a costa de nós.

-  Como un parásito ...-opinei

-  Hai que descubrir quen é, e capturalo. E eu véñoche pedir axuda.

-  Vou de inmediato - asegureille.



Diríxome á famosa super coñecida Serra do Courel. Onde o xeneral Amador me di que mañá empezo a misión en solitario. Durmín angustiado.

Martes dezaoito, empezo co obxectivo. Déronme a dirección dunha casa de aldea, na que Marisa Fernández, falarame sobre o seu primo, Patricio, que foi unha vítima. Nerviosa por estar diante dun policía, contestoume:

-  Popopois, síntoo, Papatricio, haino qqqqquee cocontatar. Nononon qquería dididicir iiisto......

-  O que?-pregunteille.

-  Qqqque Papatritricio proprobocou o accicidente.

-  Como?!

-  Cocomo oe. Fifixo pra qqque só se eeemitira un canal mememeteorolóxico

-  Como o fixo?-pregunteille

-  Non sei.....- contestoume- pepepero sabía qqque hahabebería un eclippppse. Eeeeee sesecuestrou  ao memeteorólogo. Fififixose pasar pppor eeeel e dididixo que ffffaría bo tetempo e non mencionou nada sobre o eeeeeecllllipse.

-  Pero, con que motivo???!!!

-  Eeeesssstaría tototolo.

-  Non creo. Teño que averiguar iso. Adeus e grazas.

-  A ti -despediuse.

Dirixinme ao avión, a base central do misterio, onde ocorreu a desgraza natural e un pouco artificial. Nunca vira tal cousa: era inmenso e parecía que estaba feito de pedras. Non daba crido que tiña que entrar aí dentro...

Pensei que na sección de primeira clase habería moitos cadáveres e encontraría ao culpable, pero non foi así. Entón fun á cabina onde finou Xerardo Prados. E alí o vin, coas mans no freo de man, morto, naturalmente.

Un momento, oídes iso? É como un murmurio......

-  Quen anda aí?! -atrevinme a dicir, despois duns momentos de silencio. Non respondeu ninguén. Dun recuncho saíu unha silueta e mirei para atrás, pensando que sería unha sombra. Tiña razón. Cando asomou o rostro vin unha cara morena cuns ollos azuis, unha boca con tres filas de dentes e un nariz operado. Vestía unha camisa negra que estaba rachada máis  un pantalón vaqueiro. Levaba zocos.

-  Quen  é vostede? Eu son Maio, Ramiro Maio. -díxenlle. O señor acercouse a min.

-  Que fai vostede aquí? Márchese, este é o meu territorio -respondeu  esa intrigante persoa, de forma groseira.

-  Patricio........-murmurei- Patricio!!!!!! Ti estabas.... morto!!!!

-  Conseguín sobrevivir porque trouxen comigo un paracaídas.





Só puiden pelexar, o que se me dá mellor. Foi incrible a loita: eu dáballe e el dábame, e outra vez, e outra.


Tras unha loita de película, gañei eu. Patricio, en cambio, foi ao cárcere polo que roubou e por traizoar a esa xente.



   








         FIN 

                            Teo Martínez De Lorenzo

                                                          4º


                                  


sábado, 6 de xullo de 2013

COMENTARIOS DE VERÁN

Ola a todas e a todos: Como estades?
quería facervos unha proposta... 
 Facede aquí os comentarios de verán!!!!!!!!!
  
así será máis doado seguir todo o que ides contando, parécevos ben?

E agora paso a preguntar por esas novas que vai dicindo Teo... Que sabes de Aldán? Escapou? Que mágoa! 
E a David, que lle pasou? Picoulle unha nespra? que dor!!!!!!!!! Dálle un bico se o ves e anímao a que nos escriba algo aquí.

Vexo que Jessi e ti seguides activos, canto me gusta! A ver se se van animando máis...

Unha apreta e a seguir gozando deste tempo!!!!!!!!
Tere



xoves, 27 de xuño de 2013

ÚLTIMAS NOVASSSS

DESPEDIDA DE ALDÁN  E FOTOS DE RIAMONTE

 

Hoxe, ao saír do cole, pasei pola casa de Nieves para saúdala e ademais deixarlle a Aldán. Medrou moito nesta semana pero a súa pata xa sabedes que non ten cura. Nieves falou de que o ía pór a el soiño na caixa tal e como llo levei. Os pitos están enormes e di Nieves que comen e beben un montón. 

Xa sabedes que somos uns bos coidadores e coidadoras!

Unha apreta e que gocedes do bo tempo e tamén das fotos.


















Adeussssss!

venres, 21 de xuño de 2013

ADEUS A TERCEIRO! BENVIDO CUARTO!

Hoxe estamos de festa, pero tamén buscamos un oco para deixar aquí os nosos sentires neste momento. Cada un e cada unha expresou o que quixo e aquí vai a mostra:

Mágoa!
                 Acabou o curso!
                                             Vén o verán!
                                                                   Toca descansar!
                                                                                             Adeus, colexio!
                                                                                                                 
 Adeus aula de terceiro!

                                     Tres meses sen vernos!
                                                                   Adeus compañeiros e compañeiras!
Adeus pitos, moita sorte!
                                                   Adeus ao traballo!

Adeus á rapazada de sexto, boa sorte no insti!
                                                        Por fin chegaron as vacacións!
Abur, á chuvia, que veña o sol!
                                               Señoras e señores: chegou cuarto!!!!!!!!!!!!

Botarei de menos a Aldán, oxalá te recuperes!
                                                                      Aldán, querémoste igual!
Alegría para o verán!
                                Imos ser máis en cuarto!
                                                                     
No verán, descansar. E en setembro, volver a empezar!

Ata setembro!
                            Chegou o verán: a pasalo ben!!!!!!!!!!!!!!

Felices vacacións para todos e todas!
                                   No verán: praia, amizades novas, afectos, lembranzas...

Ciao!!!!!!!!!!!
                Abur!!!!!!!!!!
                                                      Bye!!!!!!!!
                                                                           Adeus!!!!!!!!!
                                                                                                          ¡Adios!!!!!!!!!!
    :)   :T  :I  :s  :/  :! ;)  Aula Barouta

  •  Así queda o noso horto. Que pasará no verán?????????
  • Ao mellor, alguén pode vir regar e en setembro poderemos recoller algún froito. Estariamos moi agradecidos. Xa vos contaremos como foi.
 

E agora imos á festa de despedida. A que vos gusta?
                                                                                            Bo verán!






xoves, 20 de xuño de 2013

DESPEDIMOS OS PITOS EN PEDROUZOS

PASEO A RIAMONTE PARA VER OS MUÍÑOS

Hoxe foi un día atarefado para nós porque... recollemos a aula, logo celebramnos dous aniversarios e, finalmente, metemos os pitos en caixas para levarllos a Tino e a Nieves, os seus coidadores a partir de agora.
Quedaron ben contentos con eles e prometéronnos os ovos para facer un biscoito ou unha tortilla cando volvamos en setembro...........UMMMMMMMMMMMM! Ten boa traza!

E logo, xa que estabamos alí, seguimos a excursión ata os muíños de Riamonte. Que ben! Andando por camiños, subir ao monte, pasar por unha pontella sobre o río, entrar nos muíños para sentir a escuridade e ver o que aínda conservan ... Algúns están derrubados pero hai 2 que reconstruidos.

Connosco viña Xesús, un profe do cole, e contounos unha nova que non coñeciamos. Neste bosque abunda un tipo de fento que ten xeito de coroa, é o "fento real" e  resulta que está declarado en perigo de extinción.

Molou moito a camiñada mais cando baixabamos comezou a chover... E mollámonos un pouco. BRRRRRRRRRRRR!
 Aula Barouta

A despedida dos 5 pitos, na aula.

Andaina cara a Pedrouzos. Que alegría e que mágoa!

Nieves admira a nosa familia!

Despedida definitiva. Agora seguimos paseo.

Subindo a Riamonte.

Que haberá!!!!!!!! É o oco do pau do rodicio.

Fento real, en perigo de extinción.

Mágoa de sol para darnos un baño!!!!!!

Chegamos. Ata outra!