Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 15 de febreiro de 2014

FELIZ DÍA DO AMOR!!!!!!!!!!

Hoxe tiñamos que estar de excursión en Coruña pero a cicloxénese impedíunolo. Non foi agradable pero iremos outro día. Aproveitamos para adornar a nosa porta da aula. A que vos gusta?


domingo, 2 de febreiro de 2014

Un novo ano, novas ideas!

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ!!! 

GRAZAS AO CONTO  DE R. CARIDE, SOUBEMOS DOS NENOS DA RÚA E ALGO SOBRE A FIGURA DE GANDHI










luns, 23 de decembro de 2013

REMATOU O TRIMESTRE
CHEGOU A DESPEDIDA. FELIZ NADAL
DESPEDIMOS O OUTONO CUNHA FESTAZA E DOUS ANIVERSARIOS
ACABAMOS COA ROSCA...

Estas son algunhas das impresións do último día. Vese que temos ganas de vacacións!!!
Para rematar, fixemos unha festa no cole para celebrarmos o Nadal. Nós, o grupo de 4º, cantamos unha canción popular cunha letra adaptada. Ai vai a copla completa e algunhas fotos que reflicten como foi. Ao remate vai o noso postal.
                  O galo cando canta é día, é día, é día.
                  O galo cando canta é día, vamos de baranda, señora María.

                  E nós como somos gandules, gandules, gandules
                  E nós como somos gandules, imos de baranda, de sábado a lunes.

                  E como somos tan festeiras, festeiras, festeiras.
                  E como somos tan festeiras. imos de baranda a semana enteira.

                  E como somos os de cuarto, de cuarto, de cuarto.
                  E como somos os de cuarto, para ir de baranda, imos ao teatro.

































Agora vai o postal para desexar a todas e todos un Feliz Nadal.




martes, 26 de novembro de 2013

EDUCANDO EN IGUALDADE

"contra a Violencia de xénero"

contos  máis contos e reflexións!!!

 No noso cole, aproveitando que se celebraba o día contra a violencia de xénero, tivemos dúas actividades que nos gustaron moito e das que aprendemos. Aí van unhas fotos que o demostran.




 

mércores, 20 de novembro de 2013

TEMPO DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO EN BAROUTA

Ui, temos un montón de novidades que esperamos vos gusten:

- un video que fixeron uns compas da clase (querémolo subir pero fáltanos o programa para reducir o peso, mágoa!) A verdade é que o vimos na aula e encantounos, grazas Teo e Nasti!

- fotos do Samaín e do Magosto 

- un enlace pois hoxe celébrase o "Día dos dereitos do neno e da nena"

O día 30 celebramos o Samaín. Este ano o alumnado de Primaria celebrámolo no corredor do primeiro andar e o de Infantil no da planta baixa. Trouxemos un montón de  cabazas. Algunhas eran moi divertidas.

Neste mural traballamos toda a clase. Que bruxa máis xeitosa! Aínda que moito medo non mete!

Aquí estamos, celebrando o Samaín: algún conto, algunha canción e moitas bruxas e esquletos no público.
Hai que mirar con atención, non si?                
Alegría e bo humor para despedir a xornada.
E o día 8 de novembro, fixemos a festa das castañas, o MAGOSTO. De sempre, no noso cole, aproveitamos esta data para organizar xogos no pavillón. Este ano houbo: baile coa castaña, tiro de corda, carreira de sacos e outra en parella cos pés atados... Despois dun anaco xogando fomos probar as castañas. Había moitas e estaban realmente moi ricas. 
Aínda tivemos tempo para xogar polo patio e borrar toda a cara con carbón. Isto é algo moi, moi divertido e que sempre agardamos con gusto.
            Ata o ano que vén!




Aula Barouta


 

 

 

martes, 12 de novembro de 2013

SORPRESA, SORPRESAAAAAAAAAA!

Hoxe, cando estabamos na clase, veu a profe Marta e amosounos algo que atopara no patio... 



                   Que será? 
                                    Que raro! 
                                                       Nunca tal vin!
 Despois de examinar, vimos que eran dúas lesmas que se estaban apareando. Deseguida miramos en internet, claro, e aprendemos algo que nunca nos preocupara antes.
Agora sabemos que as babosas son hermafroditas e se queres saber máis de como se reproducen clica aquí.

            Foi todo un descubrimento!!!!!!!!!!!!

 Aula Barouta

venres, 25 de outubro de 2013

Tempo de outono: samaín, magostos ...  estamos no tempo de pasar medoooooooooooooo!

 Se clicades neste enlace teredes un montón de sorpresas e de novidades. Probade!
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain