Páxinas

Buscar neste blog

luns, 16 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO (ÁLBUM DE FOTOS)


EXCURSIÓN FIN DE CURSO (CONTINUACIÓN)



Paseando polas Fragas


Fixemos o roteiro máis longo, 10 km, acompañados de Laura e Olaia que nos explicaban o que iamos vendo.

O primeiro foi baixar ao mosteiro de Caaveiro. Canto aprendemos da vida dos monxes na I. Media! O mosteiro está reconstruído e del consérvase a igrexa, a cociña, o cuarto e parte do claustro. Nos sotos do mosteiro habita unha colonia de morcegos protexidos.

Despois da visita, seguimos ata o río por un camiño empedrado. A auga tiña unha cor turquesa debido a unhas algas microscópicas que viven no Eume e danlle esa cor.

Xantamos nun merendeiro a carón dunha presa. Que fame e que ganas de descanso! Recuperadas as forzas, atravesamos por unha ponte colgante para adentrarnos na frondosidade da Fraga. Que espectáculo: unha marta, alimentándose no río; un merlo rieiro, bañándose e unha lavandeira real, pousada nunha rocha ademais dunha asombrosa vexetación, endémica nese lugar.

Ao redor das 17:00 h, chegamos ao autobús que nos levou ao albergue.  Alí houbo piscina, merenda, xogo de orientación, cea, velada e... cama!!! Festa, conversa, algo de morriña pero divertido á fin.


Ultima xornada en Alvarella


Un almorzo exquisito con zume, torradas, leite ... recuperou as nosas enerxías. Tivemos un obradoiro de enerxías renovables, visita ao horto e recollida de herbas aromáticas para facer o saquiño. Tempo libre, xantar e recoller todo no autobús con algo de tristeza por ter que marchar.

Aínda tivemos tempo para ir ao Castelo dos Andrade e gozar coa representación histórica que fixeron uns compañeiros e compañeiras de Fernando e Pedro de Andrade e a súa familia. Que risa!!!

Só restaba merendar, ao pé do autobús, para regresar a Barouta.

Esta foi unha experienciamarabillosa!!!


sábado, 14 de xuño de 2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO





FIN DE SEMANA EN ALVARELLA

A 1ª fin de semana de xuño, o grupo de 4º menos Dani e Fátima, fomos de excursión ás Fragas do Eume –parque natural- e aloxámonos nun albergue, Alvarella. Foi unha experiencia inesquecible e aprendemos a ser máis autónomos e a medrar.


Falando do albergue

Alvarella está en Vilamaior, na parroquia de Doroña, preto de Pontedeume. Un albergue de ecoturismo, é dicir, que permite vivir en contacto coa natureza pero dun xeito ecolóxico, sen invadila, sen contaminala. Alí respírase tranquilidade.

Os cuartos están aliñados, son pequenos pero acolledores. O comedor, grande, para comer produtos do horto e ensaiar responsabilidades (pór a mesa, recoller, varrer...). A palleira, reconstruída para zona de actividades. Nela fixemos xogos, a velada e os saquiños aromáticos coas herbas do horto. Ademais, conta cun campo de fútbol, un parque, unha piscina, un bosque ... todo para gozar. Para o funcionamento do albergue, usan enerxías renovables (eólica e solar).



seguiremos contando ...

venres, 6 de xuño de 2014

AUGA DOCE, EXPOSICIÓN NO GAIÁS

HOXE, UNHA MOLLADURA NO GAIÁS

MENOS MAL QUE A EXPOSICIÓN ÍA SOBRE A AUGA...

                                                                              NÓS PROBÁMOLA






E MAÑÁ, SÁBADO, IMOS DE FINDE ÁS FRAGAS DO EUME... XA CONTAREMOS...
ESTAMOS ANSIOSOS E ANSIOSAS.

AULA BAROUTA

INACIO VILARIÑO NO NOSO COLE


ESTE LUNS, 2 DE XUÑO, VISITOUNOS INACIO VILARIÑO

Que ben! Vimos dunha ponte e, ao chegar ao cole, atopámonos coa sorpresa do contacontos! Unha boa maneira de comezar a semana.
Foi xenial escoitar a Inacio. Todas as aulas de Primaria na Biblio e conseguiu que gozaramos coas súas historias, tanto a rapazada de 1º como a de 6º. Xa se ve nas fotos o clima que había.
Grazas, Inacio! Volve outra vez!!!




Xa sabemos o segredo da guitarra de Inacio: meteuna na lavadora e encolleulle...
Iso, ao menos, foi o que el nos díxo e nós crémolo...



E despois dunha fermosa sesión de contos, Inacio agasallounos con este "conto encadeado" e que cantamos con moito xeito. Que ben o pasamos!

xoves, 29 de maio de 2014

AGORA DE PONTE

REMATOU A AVALIACIÓN!!!

Foi unha experiencia pero agora toca descansar un pouco pois... 
a semana que vén teremos a outra avaliación.



Ánimo que na finde espéranos Alvarella!!!

Ata luns!

martes, 27 de maio de 2014

CONCENTRACIÓN MÁXIMA

ESTAMOS PECHADOS

ALERTA VERMELLA, ATENCIÓN, TRABALLO EN SILENZO, ESTRÉS,SEN HORARIO PERO CON TEMPO LIMITADO, RECREO A CACHOS, NERVIOS...

NON VOS PREOCUPEDES

E QUE ESTAMOS

COA 

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

Hoxe, mates e medio; mañá linguas...

NON É PARA TANTO!!!