Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 22 de xaneiro de 2015

A ILLA DE TODAS AS ILLAS

LENDO A XABIER DOCAMPO

Ola chicas e chicos!
Aí vai, á fin, a tarefa que tedes que facer ao respecto da lectura do libro de Xabier. Buscade o xeito de saber o contido das 5 páxinas, de acordo? Aí van e BOA SORTE!








AULA BAROUTA

mércores, 21 de xaneiro de 2015

VOLTA AO HORTO

Á volta das vacacións, aproveitando o bo tempo, voltamos ao horto. Recollemos un montón de folla; traballamos, é certo, pero logo... festexamos. Foi agradable!






martes, 6 de xaneiro de 2015

DÚAS NOVAS PENDENTES DO MES PASADO

1. EXCURSIÓN AO VAL DO DUBRA



    Monster Madness


Wednesday 10th of December, 5th and 6th level went to C.P.I. Bembibre to watch the play called Monster Madness. In the play, there are seven characters: Dr. Frankenstein, Igor, two zombies, Brad, Janet and the monster. Monster Madness is the story of Dr.Frankenstein and her creation, a monster. She and her assistant, Igor, look for body parts in the cemetery. Brad and Janet were in the road and their car broke down and they went to Dr´s Castle to ask to phone. Dr. Frankestein tried to exchange the monster´s brain with Brad´s brain.

Finally, Janet gets to stop Frankestein and they danced together.

It was great and very funny.We liked it very much.


Texto colectivo, aula de Inglés


2. FELICITACIÓN DO PROGRAMA VOZ NATURA

Desexámosvos

un Bo Nadal e

un ano novo cheo de alegrías

e ilusión para seguir traballando xuntos na



 defensa da biodiversidade e o medio ambiente

¡¡Feliz e ecolóxico 2015!!    




Programa Voz Natura

luns, 22 de decembro de 2014

CHEGOU O NADAL

REMATOU O TRIMESTRE!!! 
                                      BENVIDO 2015

Estes días andivemos atarefados coa avaliación e co remate do trimestre pero aínda tivemos tempo para facer os nosos postais e escribir algunha mensaxe. E, por suposto, preparar a nosa panxoliña baile para o último día. Que nervios!!!
O venres, 19 de decembro, houbo festaaa! 
Antes do recreo, preparamos o espazo do corredor e logo estivemos na aula xogando, bailando, falando, despedindo.. nun ambiente moi agradable.
Despois do recreo, o festival. Houbo actuacións variadas e moi divertidas. E ao remate, comemos a tradicional rosca. Estaba boísima, coma sempre.
Aí van unhas imaxes que refrexan o dito. Que vos gusten!




Postais nadal from 2TERE




Aula Barouta




 

venres, 19 de decembro de 2014

HORTO ESCOLAR



VOLVEMOS AO HORTO

A semana pasada, o alumnado de 5º e 6º estivemos no horto para medir e redistribuír o espazo.

Este ano pretendemos observar a influencia do abono no crecemento das plantas. Por iso, separamos dúas zonas exactamente  iguais, dividas en catro tallóns cada unha. Nunha poñeremos abono e terra fértil, mentres que a outra, deixarémola só co aporte orgánico da folla recollida no patio.

Cada quince días, despois de plantar, observaremos o que pasa e faremos anotacións.

Manterémosvos informados e informadas.
Aí van unhas imaxes do traballo realizado deica agora. 










Aula Barouta

mércores, 26 de novembro de 2014

EXPERIMENTANDO



EXPERIMENTANDO NA AULA:
DA SEMENTE Á FABA

En Naturais estamos a estudar as plantas: a súa clasificación, como se nutren e como se reproducen. Unha das formas de reproducirse é por sementes.
Na aula tiñamos fabas recollidas do noso horto escolar e pensamos que podía ser unha boa idea comprobar como xermolan as sementes.  Entón decidimos facer un experimento para observar directamente e comprobar o que iamos aprendendo.
Para levalo a cabo, precisamos: un prato, auga, sementes, lugar iluminado... Cando tivemos todo, puxémonos en acción.
  •  1º puxemos 6 fabas brancas, nun prato con auga, ao carón da ventá. Ao día seguinte, vimos como incharan e ían perdendo intensidade de branco.(foto 2)

Que pasaría se as quitaramos da auga agora? Volverían ao estado inicial? Ímolo comprobar.
  •  Retiramos 2 fabas da auga e deixamos as outras para ver que acontecía.
  •  Despois da fin de semana, comprobamos que as dúas fabas retiradas encolleran. Pola contra, as que seguiron na auga xa tiñan a pel rota e aparecían divididas en 2 partes. Do medio delas, saía coma un rabiño, a radícula, esa parte que se vai encargar de buscar auga e sales minerais no solo. (fotos 3-4)
  •  Pasados uns días, xa se ve a diferenza entre a raíz, que xa ten uns pelos absorbentes, e o talo, que se vai pondo de cor verde e aparecen as primeiras follas. (foto 5)
 







 Por que aparece esa cor verde na faba? Antes era branca.

Xa sabemos que as plantas teñen unhas células cuns orgánulos chamados cloroplastos que conteñen a clorofila, esa substancia de cor verde tan necesaria para que as plantas poidan realizar a fotosíntese.

  • Días despois, dúas fabas lógranse e o resto vai podrecendo. (foto 6)
Que pasaría se poñemos unha delas en terra? Terán o mesmo crecemento?
Ímolo comprobar. Unha puxémola en terra e a outra deixámola na auga para observar o crecemento en condicións diferentes.
  •  Pasado case un mes do experimento, a planta que está na terra medra rápido mentres que a que quedou na auga, ten un crecemento máis lento. As dúas teñen as mesmas condicións agás o medio. (fotos 7-8)

A que está na terra, sería o momento de probar a transplantala no horto pero estamos en inverno. Así que quedará na aula pero haberá que poñela nunha maceta máis grande e tamén buscar un pau titor para aguantala. Non esquezamos que é unha planta gaveadora.
Ata aquí chegou o noso experimento. Foi unha boa observación porque puxemos en práctica o que iamos aprendendo e agora contámolo aquí por se fora do voso interese.





Aula Barouta, 17 de novembro de 2014