Páxinas

Buscar neste blog

luns, 27 de xaneiro de 2020

COMEZANDO A SEMENTEIRA NO HORTO

APROVEITANDO QUE O TEMPO MELLOROU, VOLVEMOS AO HORTO PARA POÑER AS PRIMEIRAS SEMENTES: CHÍCHAROS, CEBOLAS, CENORIAS, AMORODOS...

Os grupos de 3ºA e 2º de Primaria son os primeiros que se achegan ao horto. Xa teñen experiencia de anos anteriores e véselles moi contentos e con ganas na tarefa. Fixeron un bo traballo e ben seguro que van recoller os froitos. 
                              Parabéns!!!





Aula Barouta

sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA DOS BOSQUES E DA POESÍA

BAROUTA CELEBROU UN ANO MÁIS O DÍA DOS BOSQUES E DA POESÍA
Este ano plantamos un montón de árbores na fraga, a carón do horto. Puxemos sobreiras, carballos, castiñeiros, nogueiras, pradairos, loureiro, sabugueiros, unha cerdeira e unha oliveira.



Aula Barouta

domingo, 8 de xullo de 2018

NOVAS DO HORTO

HOXE ESTIVEN NO HORTO PARA REGAR UN POUCO E QUITAR ALGUNHA HERBA. QUEDEI CONTENTA DE COMO VAI MEDRANDO TODO. AQUÍ DEIXO UNHAS IMAXES.



Aula Barouta

martes, 1 de maio de 2018

CHEGOU A MEMORIA FINAL DE PROXECTO VOZ NATURA

COMA EN ANOS ANTERIORES, CANDO REMATA ABRIL, TEMOS QUE DAR CONTA DO PROXECTO LEVADO A CABO AO LONGO DO CURSO. AÍNDA FALTAN COUSAS POR FACER PERO AQUÍ VAI UNHA MOSTRA. ESPEREMOS QUE VOS GUSTE.



Memoria 2017 de 2TERE
Aula Barouta

xoves, 12 de abril de 2018

A FRAGA EN BAROUTA SEGUE MEDRANDO

DESDE HOXE HAI DÚAS SOBREIRAS NOVAS NO PATIO!!!

Non sei se lembrades que no primeiro trimestre fixeramos unha sementeira de landras de sobreira. Puxeramos 3 en cada maceta e saíron case todas. Hoxe estivémolas separando en macetas de unha en unha para que sigan medrando.

Así van quedar todas. Cando pase un tempo, levarémolas ao viveiro municipal.



Aula Barouta

venres, 23 de marzo de 2018

ÁRBORES E POESÍA PARA INICIAR A PRIMAVERA

TODA UNHA XORNADA COLABORANDO NA RECUPERACIÓN DO NOSO MEDIO E TOMANDO CONSCIENCIA DA IMPORTANCIA DAS ÁRBORES NESTE OBXECTIVO

Coma en anos anteriores, no colexio, celebramos este 21 de marzo con máis árbores para o horto e tamén para a fraga. Foi unha xornada eufórica. Aquí van unhas poucas imaxes... pero faltan máis!




Aula Barouta