Páxinas

Buscar neste blog

luns, 27 de xullo de 2020

BUSCANDO ALTERNATIVAS AO REGO CON POUCO GASTO DE AUGA

Investigando pola rede atopei varios sistemas de rego artesanais. E hoxe, aproveitando que fun a Barouta para regar, puxen en práctica algúns deles. Agora hai que comprobar que funcione, claro!
Cando saín de alí, quedaba pingando en cada sitio.
Poño aquí unhas imaxes. Espero que vos guste! Eu paseino xenial facéndoo.


Aula Barouta

domingo, 15 de marzo de 2020

ESTES DÍAS NA CASA

Estes días toca estar na casa pero podemos gozar coas imaxes do noso traballo no horto. Este ano vai collendo moito xeitiño, non credes?
Pois veredes, este mércores, día 11 de marzo, seguimos engadindo plantas. Puxemos uns pés de leituga e sementamos uns ravos. Ao alumnado de infantil moito lle chamou a atención esas sementes tan miúdas pero que plantaron con moitísimo tino. Teremos uns bos ravos para facer en ensalada!
Xa na aula, un grupo de 2º, fixo a sementeira de cabazas. E seguimos...



Aula Barouta

mércores, 4 de marzo de 2020

DIA DE REPARACIÓN NO HORTO

Hoxe tocou facer unha tarefa de retoque: reparar o corta ventos, poñer os fíos aos chícharos para que se vaian agarrando, pór unhas leitugas que naceron da semente do ano pasado...
Aí queda a mostra do traballo. Non ten mala pinta, non?

Chícharos, cenorias, leitugas...

Aula Barouta

sábado, 15 de febreiro de 2020

UN GRUPO DE 5º TRABALLANDO NO HORTO

Seica tiñan moitas ganas de vir ao horto e fixeron un bo traballo:preparar a súa parcela de terra para logo plantar as xudías mailos garavanzos. Parabéns!




Aula Barouta

xoves, 13 de febreiro de 2020

UNHA NOCEIRA E UNHA MACEIRA PARA O HORTO

Pero esperamos probar antes os chícharos que as noces. A que vos gusta como van medrando? Esperemos que non veña moito frío.


Aula Barouta

martes, 4 de febreiro de 2020

SEGUIMOS PLANTANDO

HOXE VEU UN GRUPO DE 6º
Pouco a pouco imos enchendo os ocos do noso horto. Xa temos as cebolas agromando e os chícharos comezan a verdear por debaixo da manta. Para a semana xa lla quitaremos.
Mirade o traballo de hoxe!



A que vos gustou?
Aula Barouta

venres, 31 de xaneiro de 2020

SEGUIMENTO DAS MIÑOCAS E DO COMPOSTEIRO

Cada vez que imos ao horto aproveitamos para botarlle unha ollada á caixa das miñocas. De momento van moi ben. Teñen comida e vanse asentando. Pronto teremos ese "humus de miñoca" para o noso horto!!!


O alumnado de Infantil observa atentamente como se moven as miñocas.
Outra nova:
Este ano comezamos a utilizar o compost que producimos o curso pasado. Aínda non  está perfecto pero xa está descomposta toda a materia orgánica que fomos botando e agora ímolo incorporando na terra.
Así estaba o curso pasado.
Así está agora.

Aula Barouta