Páxinas

Buscar neste blog

luns, 28 de decembro de 2015

COUSAS PENDENTES

OLA! COMO VAN ESAS VACACIÓNS? SUPOÑO QUE GOZANDO DO DESCANSO E DOS AGASALLOS EN BOA COMPAÑA. 
Tal e como quedaramos, aquí van unhas fotos con algúns dos textos que tiñamos preparados pero non están todos. Seguiremos informando...

















Feliz Nadal! 
Aula Barouta

sábado, 19 de decembro de 2015

REMATAMOS!!!

E CHEGOU A FIN DO TRIMESTRE...
Estivemos tan ocupados cos exames e co bar que nos esquecemos de publicar un montón de cousas que tiñamos preparadas. Agora, iremos poñendo pouco a pouco algunhas.
Como estamos no Nadal, aí van os nosos postais. Que vos gusten!





  HOXE TIVEMOS A FESTA DE DESPEDIDA

Pasámolo moi ben, a verdade. Cada aula preparou a súa cantarea ou un baile e nós, como somos de sexto, puxemos o broche final. Bailamos o "Pasodobre das costureiras" de Xabier Díaz. Unha peza moi fermosa do seu derradeiro disco e cantamos unha panxoliña en inglés. Aínda non temos as fotos da festa pero vai un adianto no ensaio



Seguiremos informando!
Aula Barouta

sábado, 12 de decembro de 2015

OUTRO ÉXITO DO BARSEXTO

HOXE ABRIMOS POR SEGUNDA VEZ O NOSO BAR

Volveu ser estupendo. Había bocatas de chourizo, de queixo, de crema de chocolate e tamén biscoito. Pensamos que tiñamos de abondo pero estaban tan ricos que houbo quen repetiu e algúns quedaron sen el. Sentímolo moito e agardamos compensarvos o próximo día.
GRAZAS a tod@s pola vosa colaboración!


E agora unha nova para todos os nosos seguidores e seguidoras:

O BARSEXTO PECHA AS SÚAS PORTAS POR VACACIÓNS. 
PERO NON VOS PREOCUPEDES QUE VOLVEMOS EN XANEIRO!
                                         BO NADAL!
Aula Barouta




venres, 4 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ!!!

Hoxe inauguramos BARSEXTO no colexio.

A verdade é que estamos moi ilusionados con esta idea. levamos un montón de días preparando todo: publicidade, organización de equipos, información ao resto do alumnado de Primaria ... Fomos creando expectación e agora toca comprobar se somos unha boa empresa.
Mirade, esta idea dóunola unha nai. O que queremos é recadar cartos para a excursión de fin de Primaria, que pensamos facer aló no mes de xuño. Non sabemos se gañaremos moitos cartos pero ilusión poñemos a esgalla e, o máis importante, imos aprender un montón!
Cada venres, 4 ou 5 alumnos da clase serán os encargados de xestionar o bar acompañados dun grupiño de nais e pais. Terán que preparar os bocadillos, vendelos e levar as contas. 
Temos unha caixa de caudais de lata e un espazo moi ben decorado. Xa vos contaremos a nosa experiencia.
Hoxe, inauguramos cunha oferta estupenda: biscoito gratis para todo o centro! Un agasallo das familias.
                               Grazas por acompañarnos!





Aula sexto

martes, 1 de decembro de 2015


Morre ós 87 anos Xosé Neira Vilas

O autor de "Memorias dun neno labrego", o maior bestseller da narrativa galega, faleceu na súa casa de Gres, no concello de Vila de Cruces. Narrador, ensaísta, periodista e poeta, moitos o compararon con Balbino, o personaxe máis famoso da súa creación literaria

Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas / Kalandraka Edicións

venres, 27 de novembro de 2015

DAMOS AS COSTAS Á VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


<<PINTA O MUNDO DE LARANXA: PON FIN Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E AS NENAS>>
  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
No noso colexio quixemos unirnos a esta proposta das mulleres da ONU. Este foi o resultado final. 







Aula Barouta

martes, 3 de novembro de 2015

NA PRENSA LOCAL

ESTES DÍAS SAÍMOS NA PRENSA POR MÓR DA AUGA

HOXE, SAÍMOS TAMÉN PERO POLA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS EN RIAMONTE.
                                                 (Gústanos máis!) 


Admirando o Leñaredo, no monte da Ermida.

Un merecido descanso antes de seguir coa tarefa.

Unha das moitas fervenzas do rego. Esta fica preto de Vilar.


Aquí vai o enlace para que poidades ver o que publicou o xornal pero nós estamos a preparar a nosa información. Xa vos contaremos!
De momento tedes o enlce:
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2015/11/03/barouta-agro-do-muino-unidos-riamonte/0003_201511S3C7991.htm

Aula Barouta

sábado, 31 de outubro de 2015

REMATOU O VERÁN, CHEGA O SAMAÍN E O MAGOSTO!!!

ADIANTÁMONOS UN POUCO PERO EN BAROUTA XA CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO!!!
Xa contaremos polo miúdo pero aquí vai unha mostra... Non todo vai ser chorar, tamén temos tempo para rir e gozar co que nos pasa día a día.
FELIZ DESCANSO!! 






Aula Barouta

luns, 19 de outubro de 2015

AUGA DENTRO DO COLEXIO DE BAROUTA

Xa vai aló mes e medio desde que comezamos o curso; sofrimos varios percances coa auga na nosa aula e aínda non temos noticia de cando se vai arranxar. Por iso hoxe pensamos en pór palabras e imaxes á nosa situación.




 

E... como di a xornalista Ana Pastor: 
<< estes son os feitos, súas as conclusións>>
Aula Barouta

mércores, 30 de setembro de 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA

INICIANDO SEXTO DE PRIMARIA. VAIA EMOCIÓN!!!

Canto tempo sen vernos. Seguimos sendo o mesmo grupo. Levamos case un mes no colexio e aínda non contamos nada aquí. Estámolo pasando moi ben e xa comezamos a traballar cos libros, que este ano son diferentes, sobre todo, porque agora hai Naturais e Sociais onde antes só era Medio. 
Xa iamos collendo a rutina pero, hai uns días, tivemos un percance que pronto coñeceredes porque a todos nos impactou.
Esperamos que nos leades, fagades os vosos comentarios positivos e que gocedes co que vaiamos comentando, porque este é o derradeiro ano no colexio de Barouta.


Aquí van algúns dos textos individuais que fixemos. E, ao remate, veredes as imaxes do acontecido!
 
OLA DE NOVO!!!

Aquí estamos de novo e coas forzas renovadas! Non nos vemos dende 5º, pero iso é auga pasada... Estamos en 6º! Os maiores do cole!

Que tal no verán? Nós, polo que oímos na clase, xenial! Moita festa, moita praia, moito Tapia, moito campamento... Xenial!
Xa temos o material que precisamos. É a nosa primeira semana, pero estámoslle dando xa ao boli, ao lapis... Pero sobre todo á goma!
Este ano, pola nova lei, temos de novo Naturais e Sociais, e os nosos pais e nais acórdanse de cando eran nenos. Os outros libros son practicamente os mesmos. Falando de libros, unha nova destes días: grazas á cicloxénese explosiva, creáronse unhas piscinas no faiado do centro e por unha greta caían pingas na nosa aula. O resultado, todos os libros encharcados! Algúns poderanse usar, pero outros non se van poder recuperar. Terannos que abonar uns poucos. Polo de agora, teranse que quedar todos un anaco charlando co deshumidificador...
A ver, rapaces, que alegría vervos! Esperemos que vos gusten as historias deste curso, pero recordade... 
SOMOS A AULA DE SEXTO!!!!!!!!!!!!!!!! 
                                                                                   Teo Martínez


Benvido 6º
Chegamos a 6º despois das vacacións.Chegamos con máis forzas e enerxía para comezar un novo curso. Este ano somos os maiores do colexio e por iso temos que estudar máis.
Aínda estamos incorporándonos na aula. Polo de agora, non fomos todos xuntos a ver como está o horto pero xa vos contaremos.
Un destes días de temporal, ao chegar á clase, encontrámonos todos os libros mollados, empapados de auga por unha humidade producida polo temporal. Levamos un susto moi grande. Deixámolos a secar e a ver agora como quedarán.
Xa vos contaremos!!!!

Rubén 


XA EMPEZAMOS SEXTO

Xa volvemos a empezar o curso; pero xa somos de 6º.
O primeiro día recibímonos todos cunha grande aperta e bicos, que duraron moito tempo.
Fixemos unha roda na que falamos do noso verán ata que tocou a sirena para o recreo. No recreo fun ao horto. Xa hai tomates, están ricos, hai moitas plantas que creceron.
Todos os días ían ben, ata que o pasado 16 de setembro de 2015 sucedeu algo tráxico na nosa aula. O que pasou foi que tiñamos pingueiras na clase. De tanto que choveu entrou auga e empapou os libros; ata había algúns cos que podías encher un vaso de auga!
Decidimos collelos e separalos para que secaran.
Cando chegou a titora, e viu todo o desastre, axudámoslle a poñelos abertos no corredor, porque na clase non cabían; como había máis, decidimos poñelos na biblioteca co deshumidificador.
O inicio do cole foi xenial. Sobre a catástrofe, vaia mañá máis axitada que tivemos! Espero que non volva a pasar.
Carla Cantelar Ces
 
INICIO DE CURSO

Tras as vacacións empezou o colexio, xa estamos en 6º, somos os maiores.
O primeiro día reunímonos na clase porque tiñamos moitas ganas de vernos uns aos outros para falar do noso verán. Eu alegreime moito de ver os meus compañeiros.
Empezamos as clases e cando tiñamos os libros mercados, houbo un temporal de auga e moito vento. Por un burato que había no teito da clase entrou moita auga e empapáronse os nosos libros.
Teño ganas de volver a cultivar no noso horto, a verdade é que me gusta moito facer esa tarefa.
No blogue seguiremos colgando cousas xa que falta pouco para Samaín, Nadal...
Para o ano xa sabedes que non estaremos, pero visitaremos o blogue, e a profe Tere seguirá colgando cousas.
Quérovos moito a todo.
Adrián



INICIANDO O CURSO
O día 10 de setembro empezamos as  clases. É o noso último curso en Barouta, 6º de Primaria. Este ano somos os mesmos alumnos ca o ano pasado, 25 entre nenos e nenas. Seguimos estando na mesma aula e coa mesma profesora, Tere.
Pero o 16 de setembro, cando chegamos á aula comprobamos que os nosos libros, recen mercados, estaban todos mollados. A 1º hora tiñamos ximnasia e a profesora díxonos que os puxeramos separados enriba das mesas. Despois chegou Tere, e levámolos todos para a biblioteca para que secasen co deshumificador.
Este empece de curso foi agradable e triste ao mesmo tempo.

Anxo


Ola a todos xa estamos en sexto, un curso moi importante en Primaria. Estamos
no sétimo día de colexio e estámolo pasando moi ben. No horto creceron moitos tomates e as flores están preciosas. Que guai!

Cambiando de tema, o mércores houbo unha catástrofe na aula; ao entrar pola porta, vimos que todos os libros estaban empapados; parecían esponxas. Puxémolos a secar na biblioteca ao lado do desumificador. Fixemos o que puidemos. A profe díxonos que era todo grazas a que no faiado había una <<piscina>>. Igualmente nolo pasamos ben!
XA VOS IREMOS CONTANDO!
Nasti
 


INICIO DE CURSO EN BAROUTA                                             
No cole de  Barouta  o día 10 de setembro iniciaron as clases. Ao baixar do autobús e chegar á entrada onde estaban todos  os  meus  compañeiros,  alegreime  moito.
O primeiro  que fixen  foi saúdalos e darlles unha aperta. Nese momento estaba moi contenta porque me din conta que se podía dicir “Paso, paso que somos os de sexto”!!! Así que o último ano en Barouta! Vaia, cando tocou a sirena para poñernos na fila e organizarse, case non se respiraba; o que se chama un momento caótico. Daquela, aínda tardamos  en subir porque había tráfico nas escaleiras. Gran parte da mañá estivemos colocando os libros novos, falando do verán e das dificultades de sexto.
Antes da hora do recreo, xuntámonos en roda a falar e despois xogamos en equipo ao fútbol. Cando volvemos, estabamos máis espertos e espelidos.
Foi un reencontro moi bonito. Así foi o primeiro día de curso!
Grazas por visitar o noso blogue .
                                                                                         Rebeca 

INICIO DO NOVO CURSO
Ola outra vez blogueiros e blogueiras de Aula Barouta!! Que tal as vosas vacacións?
Como xa sabedes, agora estamos en sexto, dentro dun  ano para o instituto. Que MÁGOA!! Empezamos o colexio con moita ilusión agardando facer novas amizades, aprender novas cousas..
Hoxe levei un grande susto; agora mesmo volo conto. Pois cando cheguei á clase encontrei o chan mollado; mirei cara aos libros e vaia desgusto! Estaban mollados e a auga seguía a caer do teito. Como sabedes, estes días estamos con moita chuvia e vento. Todos pensamos en sacalos de alí rapidamente para que non se mollasen máis e puxémolos nunha mesa grande ao lado da ventá. Ao volver de E.F., todos axudamos a colocalos na biblioteca por diferentes sitios, ata enriba dos ordenadores e outros colgados no corredor.
Agardamos que se sequen para poder gozar e aprender deles.
Ata outra!!

                                                                                               Ana 6º


INICIO DE CURSO EN BAROUTA
Xa estamos en 6º!! Pero co novo curso novos problemas. O mércores 16, cando chegamos á clase, os libros estaban mollados! Pobres libros non nos dou tempo nin de estrealos.  Ao parecer, hai goteiras e o faiado está inundado e, como non, a auga cae xusto na nosa clase. Problemas á parte, xa temos todo organizado.
Esperamos un bo curso!!!
                                ANDREA

Xa estamos de volta
Ola a todos/as outra vez. Aquí estamos os de 6º, os máis maiores do colexio listos e preparados para comezar o último ano con forza.
Os catro primeiros días fixemos o normal: falamos do verán, trouxemos o material, botamos unha ollada aos libros. Todo normal menos o quinto día... Pola noite do mércores 16 houbo moita choiva e vento. Na nosa aula hai unha greta que chega ata o faiado, e cando chove moito, fórmase un embalse arriba. O caso é que caenos auga encima dos libros de texto! E  ese día pola mañá, ao chegar, decatámonos de que os libros estaban mollados; collémolos e levámolos a outra mesa para que secasen. Tivemos que ir ao pavillón para facer educación física e cando rematou, Tere, xa estaba na clase para axudarnos a levar os libros á biblioteca para que secasen co deshumidificador.
David


INICIO DO CURSO

O día 10 de setembro os rapaces e rapazas de 6º volvemos ás clases.Xa estamos en 6º! Somos os maiores do cole.
Este ano afrontaremos cousas novas e teremos novas ideas que iremos contando a través do noso blogue. E deixando atrás ese tema, ao grupo de 6º aconteceunos unha gran catástrofe que vos contarei.
O día 16 de setembro pola mañá, atopámonos cos libros mollados, algúns dos afectados puxéronse a secar un pouco os libros e os outros nenos marchamos para a clase de ximnasia. Máis tarde, chegou a súa titora, Tere, que quedou moi impactada. Logo, entre todos, decidimos pór os libros a secar na biblioteca, ben estendidos á beira do desumidificador. Ao final do día os libros aínda estaban húmidos.
Xa vos iremos contando todo mediante o blogue.
       DANI

INICIO DE CURSO
Este ano estamos en 6º de primaria, o que quere dicir que somos os maiores do colexio. Todo segue igual, non viñeron nin marcharon nenos. Nós, en todo o verán, pasámolo xenial indo dun sitio a outro e algúns rapaces da aula medraron un pouco. 
Nestes días, tivemos uns cantos problemas cos nosos libros por culpa da auga que caia do teito pero esperemos que se sequen e poder traballar neles.
Isto é todo por hoxe. Seguide mirando o noso blogue.
Ata outro día !
Carla Álvarez
17 de setembro de 2015

 INICIO DE CURSO
 
Este inicio de curso é diferente porque empezo 6º.
É o último ano de colexio e iso prodúceme tristeza. Vou botar de menos as aulas máis ao profesorado, en especial a Tere.
O noso horto segue estando no mesmo sitio, de momento. O blogue da clase volvémolo abrir e vai estar activo. Na nosa clase, en particular, non hai ningún neno ou nena novo.
Estes días na aula tivemos algún problema de humidade que nos puxo algo nerviosos cando o descubrimos. Pero estase a solucionar. Agora estamos lendo cada un dous libros da biblioteca, un en galego e outro en castelán. Un xa o acabei. Estou a ler un moi interesante. Creo que este ano vou subir máis as notas porque me vou aplicar máis.
Jessica

Inicio de curso
Xa. E algúns tristes porque nos vamos. Pero polo de agora todo vai ben. Este ano estamos empezamos o curso! Agora estamos en sexto e somos os maiores do cole. Estamos moi contentos mais altos e un pouco cambiados e ademais mais alegres que nunca. Mais onte, día 16  de setembro, pasounos unha catástrofe. TODOS OS LIBROS ESTABAN MOLLADOS!!!!!!!!! Estabamos como loucos e separando os libros para que non se mollasen máis. Cando veu a profe quedou sorprendida polo que pasara e foillo comunicar á dirección. Logo estivemos reflexionando sobre o que pasara falando de como nos sentiamos cando aconteceu todo iso.
Seguiremos informando.       
Gaila
Clase de sexto

BENVIDO 6º !!

Este verán paseino moi ben porque co meu pai fun a Barcelona. fomos visitar o Camp Nou, o aquarium... E coa miña nai estivemos en Poio uns cantos días e tamén en Barcelona (estivemos dous días a Port Aventura e o terceiro día fomos ao parque acuático onde había tobogáns, piscinas...). Tamén fun con Jorge e o seu pai ás Illas Cíes de acampada pero como collemos uns días moi malos con forte temporal só quedamos dous días e cando volvemos quedei a durmir na casa de Jorge.
Eu, por un lado non tiña ganas de empezar a escola e por outro tiña ganas de ir para ver aos compañeiros, á profesora e a curiosidade de ver se viña algún compañeiro novo. Este curso témonos que pór as pilas. Así para o ano xa estaremos no instituto. Estou un pouco triste porque é o noso último ano na escola de Barouta.
Saúdos!  
Uxía

VOLTA AO BLOGUE
Hoxe, día 16 de setembro, xa estamos no cole pero en 6º de primaria, os maiores do cole. Ao volver a clase e ver aos compañeiros e á titora púxenme moi contenta.
Nestes días pasounos unha cousa mala: os libros novos deste curso están empapados por culpa da chuvia. Puxémolos a secar na biblioteca co deshumidificador para que quite toda a auga. Xa veremos como quedan.
Voltar ao cole foi moi divertido e tamén escribir no blogue. Con el estaremos comunicados.
Alina


Despois do verán vén o curso e, coma sempre, hai algo de tristeza por deixar aos amigos que fixeches, a praia ou a piscina, de levantarse á unha da tarde... E moita alegría por ver aos amigos do curso, estrear os libros novos, ver se hai alguén novo, que cambiou... Pero non, nin aumentamos nin diminuímos. O mesmo profesorado, a mesma clase, só cambiou unha cousa: "sOmOs De SEXTO", polo tanto é o noso derradeiro ano, cousa que me pon bastante triste porque do cole ao insti hai un cambio máis grande que deshumificador e puxémolos por toda a biblioteca esperando que secara e absorbese a auga. En un ovo de avestruz. :)
O primeiro día (xoves 10) foi bastante ben. Chegamos e houbo unha explosión de saúdos, abrazos e bicos<3. Máis tarde, na aula, organizamos e botamos unha ollada aos libros e fixemos unha roda falando sobre o noso verán, ata o recreo. Fomos á biblio a elixir os libros de ler e logo Inglés. Primeiro día perfecto!
Pero hoxe (mércores 16) foi un día terrible, horrible e espantoso. Chegamos á clase e había un grupo escandalizado de nenos/as ao redor das mochilas. Encima estaban tooodos os libros empapados. Se mirabas cara arriba, vías unha greta de dilatación con gotas a punto de caer. Claro, esa noite foi de temporal! O meu instinto foi de secar todo o antes posible. A profe Mar chamounos para ir a E.F pero tres nenas da clase e eu quedamos a recoller, a secar e a organizar: abrímolos e pasámoslle un trapo por fóra e logo fomos a ximnasia. Cando chegou Tere puxémolos fóra no recuncho de "crea e recréate" logo enchufamos o fin, a ver se os recuperamos...
En resume, empezamos 6º con ganas e un pouco desastroso!

Carla Redondo Porto <3


O COMEZO DO COLE!
O xoves 10 de setembro comezou a escola e tod@s estabamos emocionados por estrear os libros, falar do noso verán, coñecer aos compañeir@s nov@s... Pero este ano a nosa clase non variou: non aumentou nin diminuíu. O que si cambiou foi que agora estamos en SEXTO, que seguimos coa profe Tere e na mesma clase!
No resto do tempo dese día quedamos falando do noso verán: que pasou de bo que de malo, que novidades hai...
A continuación a profe leunos un conto de "Pep Bruno" que estivo super ben.
Ao día seguinte xa tiñamos feito o horario e puxémonos a traballar, ler os textos que fixeramos de deberes...
O luns e o martes tivemos traballo para explotar e tarefas para a casa igual.
Pero o mércores cando chegamos... Os libros estaban que daban medo porque se mollaran. Despois de ximnasia, a profe, axudounos a levar os libros para cerca do deshumidificador e os que estaban menos mollados no corredor.
En fin, que estamos super tensos pola intriga que nos causou. Supoño que secarán.
XA NOS FALAREMOS!!!         
                                                                                                         Elena Senra


polos corredores,

pola biblioteca

ata nos ordenadores!!!