Páxinas

Buscar neste blog

luns, 30 de xaneiro de 2017

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

"MÓVOME POLA PAZ"... QUE SIGNIFICA?
"Móvome pola Paz", é o lema do noso colexio para nomear a "I Carreira Solidaria" na que vai participar a Comunidade Educativa. Asociada a esta carreira, está unha campaña de recollida de alimentos para colaborar co Banco de alimentos de Ames.
Con todo isto, queremos destacar valores coma:
  • a solidariedade
  • o compañeirismo e a deportividade
  • o compartir co que ten máis necesidades ca nós
  • a xenerosidade
  • a axuda e a colaboración
A semana pasada, estivemos facendo as medallas e as camisetas para o evento. A verdade é que quedaron ben fermosas. Aí vai unha proba.
O propio día, cantando "O mundo é grande"

E para rematar o día, aí vos deixo unha curtametraxe. Espero que vos guste!



Aula Barouta


martes, 24 de xaneiro de 2017

FALANDO DE LIBROS E HISTORIAS


LENDO COLECTIVAMENTE E APRENDENDO

Esta historia comezámola xa no outro trimestre pero como facemos a lectura colectiva aínda non a rematamos. Xa queda pouco!Ao mesmo tempo que gozamos da aventura de Ana, imos sabendo dun país africano ben interesante, Tunicia.


Eu son Ana, unha nena baixiña e co pelo rizo e vermello. Este Nadal fun con meu pai de vacacións a Tunicia para coñecer unha cultura diferente da nosa.
A entrada no país foi un pouco de aventura pois chegamos tarde e logo tivemos que coller unha furgoneta vella para chegar ao noso hotel, na capital, Túnez. Polo camiño, ía pensando <<cando chegaremos?>>, <<vaia sitio máis estraño>>, <<a onde me trouxo meu pai!>>
O hotel era fermoso, parecía un palacio. Que ben durmín!
Ceando, coñecemos a un arqueólogo, Mr Webster, a Giulia e o príncipe Navaí, uns personaxes que van ter moita importancia na miña viaxe. Pero, para min, o importante foi coñecer a Abdullah, un mozo guapo do lugar, que me ensinou o país, a súa cultura e co que corrín moitas aventuras.

Cantas ganas teño de contarllo a Uxía cando volva a Galicia. Non o vai crer!


Se queredes saber como remata a historia do secuestro e que pasou coas ruínas... collede este libro na biblioteca do colexio. A nós gústanos!
Aula de 5º

domingo, 22 de xaneiro de 2017

COÑECENDO A CONTORNA

DÚAS RUTAS FANTÁSTICAS PARA COÑECER UN POUCO MÁIS DO NOSO PATRIMONIO

Se non coñecedes estes lugares, convidámosvos a que o fagades. Hai moita maxia na nosa historia.
Que vos preste!


Andainas pola contorna de 2TERE

Aula Barouta

luns, 9 de xaneiro de 2017

ALGO REMATA E ALGO COMEZA!

PARECÍA MOITO TEMPO E... XA ESTAMOS AQUÍ!

Como foron esas vacacións? Esperemos que moi ben e que repuxerades enerxía. Mañá vémonos e teremos moito que contar, supoño, ou non?
                     
E para aqueles que nos seguides virtualmente, que teñades un bo comezo de trimestre.

Hai unha historia que me gusta moito e que hoxe vos quero compartir. Aquí vai...
Que vos guste!



Aula Barouta