Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 12 de abril de 2018

A FRAGA EN BAROUTA SEGUE MEDRANDO

DESDE HOXE HAI DÚAS SOBREIRAS NOVAS NO PATIO!!!

Non sei se lembrades que no primeiro trimestre fixeramos unha sementeira de landras de sobreira. Puxeramos 3 en cada maceta e saíron case todas. Hoxe estivémolas separando en macetas de unha en unha para que sigan medrando.

Así van quedar todas. Cando pase un tempo, levarémolas ao viveiro municipal.



Aula Barouta