Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 29 de maio de 2014

AGORA DE PONTE

REMATOU A AVALIACIÓN!!!

Foi unha experiencia pero agora toca descansar un pouco pois... 
a semana que vén teremos a outra avaliación.



Ánimo que na finde espéranos Alvarella!!!

Ata luns!

martes, 27 de maio de 2014

CONCENTRACIÓN MÁXIMA

ESTAMOS PECHADOS

ALERTA VERMELLA, ATENCIÓN, TRABALLO EN SILENZO, ESTRÉS,SEN HORARIO PERO CON TEMPO LIMITADO, RECREO A CACHOS, NERVIOS...

NON VOS PREOCUPEDES

E QUE ESTAMOS

COA 

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA

Hoxe, mates e medio; mañá linguas...

NON É PARA TANTO!!!

AS ESPONXAS VEXETAIS: UN DESCUBRIMENTO EN BAROUTA

POÑENDO AS ESPONXAS NO HORTO E MAILOS CABACIÑOS

O venres pasado, levamos as esponxas mailos cabaciños ao horto. Tiñamos un lugar reservado para cada unha. As esponxas, a carón do muro para que poidan medrar agarrándose na rede e os cabaciños despois das patacas, así terán sitio para se extender canto precisen.
 
as sementes e unha esponxa
As esponxas son as de diante; as de atrás son cabaciños

Tiñámolas en maceta desde o mes de marzo, cando as sementamos. Os cabaciños medraron moito pero as esponxas van máis a modo (xa se ve na foto). Ao longo da semana, pasámolas polas aulas do colexio para que todo o alumnado puidera ver a diferenza entre unhas e outras. Foi interesante!  
Agora queda esperar que medren ben e consigamos as nosas propias esponxas. Aí abaixo vai unha foto das esponxas que cultiva Luisa no seu horto de Valga; esta amiga foi a que nos dou as sementes e tamén todas as explicacións do seu cultivo. Grazas!

Estas teñen un bo tamaño.
As esponxas vexetais, como se parecen aos cogombros e aos cabaciños!!!

domingo, 25 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS: DEBUXOS DE DÍAZ CASTRO

Estes debuxos fixémolos na clase mirando unha foto de Díaz Castro. Foi unha tarefa de observación e interpretación. Cada quen fixo a súa, o mellor que puido e aí vai unha mostra das nosas obras. 
Sentímonos orgullosos do traballo!
Esta imaxe de Díaz Castro foi o modelo
Os autores,de esquerda a dereita, son: Carla C, Borja, Adrián, Nasti, Dani, Alex, Carla A. e María

Anxo, Teo, Ana, Rebeca, Sori, Uxía, Andrea e Fátima.

David, Jessica, Alina, Raúl, Miguel, Rubén, Carla R e Elena         
Cantando "Esa lus" como remate do acto das Letras no colexio.

Aquí vai o vídeo tal e como soou na Festa das Letras.

domingo, 18 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS - FESTA DA PALABRA

PREPARANDO A FESTA DA PALABRA NO COLEXIO

O venres chegou e había que ensaiar pois, á volta do recreo tiñamos a festa con todo o cole e andamos un pouco nerviosos repasando a nosa parte. 
Aí vai unha mostra dos videos que fixemos preparando as dúas cancións. Pasámolo moi ben! Este non é o vídeo definitivo pero vese como están os nosos ánimos.
Dani, ti que non estabas por un problemiña de saúde, agardamos que che guste e que saibas que te botamos de menos.
Agradecemos un montón ao IES Díaz Castro de Guitiriz, que fixo un fermoso traballo e posibilitou a descarga das súas músicas. O noso labor foi moito máis doado. Grazas, grazas e parabéns!!!


 
Coma un río

 
  Esa lus

xoves, 15 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS-POEMAS

 Preparando a celebración de mañá

Aí vai a letra de "Coma un río", un poema de Nimbos, que nós estamos ensaiando. Imos participar toda a clase: unha presenta, outros recitan e todos cantamos a coro. Nos ensaios queda xenial. E mañá seguro que tamén!!!



COMA UN RÍO



Coma un río quixera eu ser: cantar

con estrelas no lombo cara ó mar,

deixando unha chorima en cada pedra,

e unha bágoa de Deus en cada herba.



Hai unha cousa clara coma o sol:

prós nosos ollos non está feita a lus

do mundo, ó abrente frío que se abreu

cando abrimos os ollos sobre o mundo.



E eu coma a néboa sobre os outos montes

que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;

e eu coma a estrela que entra polo oco

do lousado do pobre na agonía.



Hai unha cousa clara coma a lus:

que non é para nós a música do mundo

a promesa raiante da hora enorme

en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!



E eu como un fondo río de recendos,

de voces e de luces: coma o aire,

que beixa todo e non se apousa en nada

máis que no sangue, na raíz do sangue…


LETRAS GALEGAS - PEPE DO VILARIÑO

COMO UN RÍO
Un poema de Nimbos e que estamos preparando na clase para recitar na festa do venres no colexio. Unha homenaxe ao autor. Aí vai un video no que nos fixamos para recitar. Logo poremos o noso. A ver como nos sae!!!

Penélope, o poema máis coñecido de Díaz Castro e que musicaron moitos artistas. Aquí vai a versión de Fuxan os Ventos. Fermoso!

E, mirando nestes videos atopei un de Tonhito de Poi, que fala da nosa lingua e que me parece interesante. A ver que opinades?


mércores, 14 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014 - DÍAZ CASTRO

Na clase andivemos buscando información sobre o autor deste ano, Díaz Castro, alias "Pepe de Vilariño", como o coñecen no lugar. Xa sabemos algo da súa biografía e tamén coñecemos algún dos seus poemas
Logo puxémonos a debuxalo e non nos saiu nada mal. Aí vai unha mostra.






martes, 13 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS

 2014, dedicado a DÍAZ CASTRO, poeta chairego

O ano pasado foi o ano Vidal Bolaño e un alumno trouxo esta imaxe comentada.

O domingo 4 fun a Brión a ver o busto de Vidal Bolaño.  Nese concello viviu el e pensaron que deberían poñer unha escultura na Casa da Cultura. A Roje Fernandez déronlle o posto de ir facendo un vídeo sobre o avance do busto no que saían os coñecidos de Roberto e como miña nai traballou con el fomos ver o busto.
                Teo Martínez de Lorenzo

luns, 12 de maio de 2014

UN FUNXICIDA PARA O HORTO

Temos un problema co brócoli. Hai algo que o está a comer e van desaparecendo as plantas. Vendo o programa da Galega, "Cos pés na terra", aprendemos unha receita dun funxicida natural e ímolo probar.
Trátase dunha infusión de allo e cebola. 

Ingredientes:    2 l de auga da chuvia
                       100 g de allo
                       100 g de cebola

Hai que picar todo ben  e botalo na auga cando ferva. Deixar cocer uns 20 minutos e logo arrefriar. Logo cóase e xa se pode botar, tanto na planta coma na terra. Como non temos sulfatadora, para botalo usamos un bote cun aspersor.











xoves, 8 de maio de 2014

CON OCASIÓN DO DÍA DA NAI

Este ano, como andamos co tema do horto, pensamos en agasallar ás mamás cunha planta sementada por nós. Primeiro mercamos unhas macetas de cartón que decoramos na clase.


Logo, puxémoslle o celofán arredor cunha cinta a xeito de lazo. Ao mesmo tempo fomos preparando a tarxeta.

Finalmente, colocamos a planta e cada quen levouna para a súa casa. Quedaron moi lindas. Ian todos orgullosos con elas.



domingo, 4 de maio de 2014

O HORTO VAI MEDRANDO

MÁIS NOVAS DO NOSO HORTO! A XEITO DE MEMORIA

Cada día que pasa, van aparecendo máis plantas. Agora xa temos xudías, os chícharos e as patacas enormes, os amorodos florean (entre choiva e choiva), o ceboliño, os caraveis indios ... Dá gusto ir por alí. Se vos cadra de camiño, non deixedes de visitar o noso horto. Todo un orgullo!
Aí vai unha mostra do noso proxecto. Estamos a preparar un video que logo colgaremos. 
Que vos guste!!!