Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 29 de abril de 2017

PROXECTO VOZ NATURA, MEMORIA FINAL

BAROUTA: O  PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL

Xa é o cuarto ano que participamos cun proxecto de Centro no programa Voz Natura. Sempre resulta unha experiencia interesante e de moita aprendizaxe mais este ano aprendemos da nosa contorna inmediata. Cantas cousas temos ao noso redor e que non nos fixamos!!!
Pois para axudar a que a nosa memoria non se perda, aí vai un anaquiño do noso.
Oxalá vos guste e vos meta as ganas de coñecer e saber máis.



Memoria 16 17 de 2TERE

Aula Barouta

mércores, 19 de abril de 2017

ÁRBORES E POESÍA

ESTE ANO, EN BAROUTA, TAMÉN CELEBRAMOS ESTA DATA PLANTANDO E RECITANDO FERMOSOS POEMAS

Comezamos o día plantando unha árbore por clase. Algunhas eran grandiñas pero outras aínda son moi novas. Con todo puxemos todo o noso coidado para que medren. 
Algunhas mercámolas coa axuda de Voz Natura e outras sementámolas nós en anos anteriores ou regaláronnolas. Xa temos bastante completa a zona do horto con froiteiras variadas (cítricos, maceiras, pereiras, figueira, cerdeira) e agora seguiremos ampliando a zona da fraga.
Despois do recreo, fixemos o recital. Este ano oímos poemas de García Teijeiro, Manuel María, Celso Emilio... e outros poetas de recoñecido prestixio. 
                                            Toda unha festa!



árbores e poesía de 2TERE

Aula Barouta

ENCONTRO CON DAVID PÉREZ IGLESIAS

TODO O TEMPO DO MUNDO
Hoxe, 19 de abril, tivemos a sorte de contar coa presenza de David Pérez Iglesias na nosa Bibliobarouta. 

Ao longo do trimestre pasado, o alumnado de 5º e 6º estivemos lendo a súa novela "Todo o tempo do mundo", que foi o derradeiro premio Merlín de Xerais. Foi unha gozada lela e tamén falar con el. Que historia tan bonita! Na nosa aula deunos pé para falar de moitas cousas que as temos aí á vista pero que xa non se usan ou que xa non lles damos ese valor. Hoxe mesmo, veu Iria e trouxo á aula un trebello ben curioso, do que se fala na novela, e que servía para atar os monllos de centeo. David fíxonos unha explicación práctica. Que interesante, a verdade. 
A nosa historia atópase moitas veces en caixas no faiado ou nos trasteiros das casas vellas. Oxalá esta novela nos sirva para investigar sobre o noso patrimonio. 
David, contounos que el escribía como falaba, coa lingua que lle oíra aos seus avós, pais e veciños. Vese que é unha persoa ben observadora. Grazas por nolo contar e que sigamos contando coas súas novelas!
Unha aperta desde Barouta!



David ensinounos algúns dos seus tesouros da infancia: unha revista sobre física.

Christian deulle o noso diploma de Bibliobarouta para agradecerlle a súa presenza aquí.

Este trebello de madeira era para atar os monllos de centeo ou trigo cando se segaba. A primeira vez que viramos tal cousa.
Aula Barouta

luns, 17 de abril de 2017

DESPEDIDA CUN OBRADOIRO DE MÚSICA ELECTRÓNICA

Mateo Mena:un músico vigués en Barouta

O último día de clase veu Mateo Mena ao colexio para facer un obradoiro de música electrónica co alumnado de 5º e 6º.
O primeiro que fixo foi sacar un montón de material de refugallo da súa maleta (cables, pilas, altofalantes sen a carcasa de fóra, limas, clips...).
                                      Para que valerá todo iso?
O que nos propuxo foi conectar a música coa ciencia e ensinounos un montón de cousas. Así soubemos de circuitos, de bobinas, imáns, electroimáns, membranas que vibran... como facer un micrófono cun vaso de plástico e a mina dun lapis ou como facer un autofalante cunha botella de plástico.
                       Canta emoción, canto practicamos, que descubrimentos!
Foron dúas horas nas que estivemos xogando, experimentando, aprendendo...
                              Grazas Mateo por nolo contar!
Mirade as imaxes e darédesvos unha idea de como foi a cousa.






                                    


                                    


                                  

Aula Barouta





domingo, 9 de abril de 2017

PECHANDO O TRIMESTRE

SAÍDA A VIMIANZO PARA FACER UN PERCORRIDO HISTÓRICO, DENDE A IDADE MEDIA Á IDADE MODERNA

Saímos do colexio en autobús, ás nove en punto, e chegamos a Vimianzo, unha hora despois. Nada máis baixar, xa se vía o castelo alí no centro, nun alto, maxestoso para poder controlar todo o val de arredor.

Recibiunos Manuel, e levounos a dar unha volta polo foxo mentres nos ía contando a súa historia. Soubemos recoñecer nos escudos as familias que foron propietarias do castelo (Moscoso, Castro...). Entramos ao patio de armas e desde alí recorremos as súas estancias escoitando as historias de Manuel.

Este castelo ben conservado, hoxe é propiedade da Deputación e, por iso, o puidemos visitar de balde. Casualmente estaba alí o alcalde de Vimianzo, pois era o día da artesanía, e un grupo retratouse con el.

Toda a planta Baixa desta fortaleza medieval, está dedicada á artesanía da zona: o liño, os teares, as palilleiras, a cestaría, xoias con vidro…  Para rematar, subimos ás torres e despedímonos.

A continuación, chovendo e todo, fomos visitar as Torres do Allo. Trátase dun pazo grande, en bo estado de conservación e no que puidemos saber algo máis de como vivían os nosos antepasados entre os séculos XVI – XIX.
                                  Canta historia, mi madriña!

Xantamos nun local, antiga escola de Señoráns, preto dos muíños e batáns do Mosquetín. E aínda xogamos un pouco no parque infantil que había alí.

Para acabar a excursión, visitamos os muíños mailos batáns coa axuda de Manuel. E soubemos diferenciar uns dos outros.
                                  Foi ben chula esta saída!

AÍ VAN UNHAS IMAXES QUE DEMOSTRAN O DITO ANTERIORMENTE.





Aula Barouta