Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 24 de xaneiro de 2018

VOZ NATURA

RECUPERANDO O BOSQUE AUTÓCTONO
Desde o colexio queremos aportar o noso gran de area e, por iso, plantamos sementes autóctonas coa idea de velas medrar e logo levar a algún monte da contorna.
As sementes foron recollidas en parques de Santiago.




E agora que os días van medrando...
CHEGA A HORA DE VOLTAR AO HORTO
Preparar a terra, facer as primeiras sementeiras...
Aquí van unhas imaxes.

Este ano cambiamos a zona de plantación para deixar descansar a terra.


Aula Barouta


xoves, 18 de xaneiro de 2018

VOZ NATURA 2017-18

COÑECENDO A CONTORNA: 
   OS PETRÓGLIFOS E AS CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS

Xa estamos outra vez en marcha. A partir do mes que vén iniciamos as saídas polo noso Concello. Animádevos que imos aprender un montón de cousas sobre muíños, hórreos, fontes milagreiras... e tamén dos petróglifos que se conservan preto do noso colexio.
De momento ide adestrando para a Carreira do Día da Paz, que vos vai vir moi ben para facer as andainas.
Déixovos unhas imaxes. 
                                             Que vos gusten!

Rego dos Pasos
Rego Andoriña

Aula Barouta