Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 29 de marzo de 2017

HOXE FESTA DE ÁRBORES E POESÍA

COIDANDO O NOSO MEDIO
Hoxe, 28 de marzo, dedicamos boa parte da xornada á plantación de árbores no patio.
Aquí vos deixo unha mostra pero mañá contaremos como foi de verdade.
Transmitindo enerxía.
Aula Baraouta

mércores, 22 de marzo de 2017

ÁRBORES E POESÍA

Por que celebrar o día da árbore e da poesía?

Hoxe reflesionamos un pouco sobre o que isto significa e aí van as nosas reflexións.



E hoxe outro poema. Desta vez de Celso Emilio Ferreiro. Poeta de Celanova (Ourense)

TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Aula Barouta

luns, 20 de marzo de 2017

21 DE MARZO, ÁRBORES E POESÍA

XA CHEGOU A PRIMAVERA!
CADA 21 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

No colexio tamén o imos celebrar; temos unha camelia, unha maceira, un acivro, uns pradairos, loureiros... e un montón de poemas para celebralo. Aquí vos deixo un poema dedicado a Rosalía.

A Rosalía. Manuel Curros Enríquez

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

                                                        Curros Enríquez, Manuel (1992). 
                                                        Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia
Aula Barouta

martes, 7 de marzo de 2017

DIA DA MULLER

MAÑÁ CELÉBRASE O DÍA DA MULLER. NA NOSA CLASE ANDAMOS A INVESTIGAR SOBRE O NOSO MEDIO

Para reflexionar:

  • FEMINISMO, QUE É?
  • HAI MACHISMO NO NOSO MEDIO?
  • QUE SIGNIFICA ISO? RECOÑECEMOS AS CONDUTAS MACHISTAS?
A ver se nos serve de axuda, visionar estes vídeos. Boa reflexión!







domingo, 5 de marzo de 2017

24 DE MARZO: GRANDE FESTA DE ENTROIDO EN BAROUTA

UN ANO MÁIS CELEBRANDO O ENTROIDO: COMPARSAS, DESFILES, DANZAS E LARPEIRADAS PARA TODOS OS GUSTOS


Este ano quixemos facer unha homenaxe ás diferentes culturas do mundo. Así que houbo unha boa representación das tribos indias de América, da China, de Polonia, do Tirol, de Exipto, de México, dos zulús... E na nosa aula decidimos traer unha representación dos "imazighen", o pobo bérber do norte de África. O motivo foi que estivemos lendo un libro ambientado en Tunicia e gustounos. Aprendemos algo máis da súa cultura e iso sempre é interesante.
Aí vai unha mostra do que vivimos.






mércores, 1 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA

HAI 180 ANOS, UN 24 DE FEBREIRO, NACÍA ROSALÍA DE CASTRO

Cada ano, no noso cole, facemos unha lembranza desta poeta universal, lendo algúns dos seus poemas e participando na homenaxe que fai o Concello. Nesta ocasión, lemos o poema titulado "A pobriña, que está xorda" porque fala da nosa contorna, en concreto de Mar de Ovellas, ese monte que hai subindo por Castiñeiro de Lobo, entre Augapesada e a aldea de Carballo.



Fixemos un vídeo  entre todas as aulas, desde E.I. ata sexto, recitando parte do poema. E aí vai para que poidamos lembralo. Que vos guste!





Aula Barouta