Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 22 de marzo de 2017

ÁRBORES E POESÍA

Por que celebrar o día da árbore e da poesía?

Hoxe reflesionamos un pouco sobre o que isto significa e aí van as nosas reflexións.



E hoxe outro poema. Desta vez de Celso Emilio Ferreiro. Poeta de Celanova (Ourense)

TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Aula Barouta

4 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Perdón por eliminar eque meu teclado está en castellano y escribí mal e eu quería escribir en galego. Ese poema e moi pero que moi bonito 😃

    ResponderEliminar
  4. Si,averdade e que si.O que fixeron os buratos(eu son un deles)pasamolo moi ben e a famosa palabra de miguel cando sachaba:"Hay ben o sacho o"

    ResponderEliminar