Páxinas

Buscar neste blog

venres, 25 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO e SAN MARCOS

DO 23 AO 25 DE ABRIL: LEMBRANDO A CERVANTES E LENDO A XABIER P. DO CAMPO "A illa de todas as illas"
 
Lendo, no corredor, un minirrelato do libro "27 historias para tomar a sopa"






 Para celebrarmos o día do libro lemos un pouco do Quixote. Que lingua máis rara! Iso foi o que pensamos nun primeiro momento pero logo si que logramos entender algo. Entre todos soubemos un pouco máis deste personaxe da literatura universal, Don Quixote, ese fidalgo, amigo da caza e que toleu de ler tantos libros de cabalarías.
Nós na aula, tamén probamos a ser escritores, seguindo a técnica do microrrelato. Foi unha experiencia interesante.

O 25 de abril: Día de San Marcos 
  •  O noso monte, chámase San Marcos e vixía o noso cole e o noso horto.



  •  En Noia están de festa grande.
  •  E en Portugal lembran a <<Revolución dos Caraveis>>, cando os soldados levaban caraveis vermellos nos fusís e cantaban Grándola. Nós oímola na clase e gústanos o que di:
           Grándola, terra da fraternidade...
                                                 En cada esquina un AMIGO!
                                                                                    En cada rostro, a IGUALDADE!                                                                                                                 

sábado, 5 de abril de 2014

GRAN NOVIDADE NO COLE

O VENRES 28 DE MARZO: CONCERTO DE JAZZ E SEMENTEIRO DE ESPONXAS VEXETAIS E CABACIÑOS. DÚAS NOVIDADES NO CENTRO!!!!!!!!!

Pola mañá, preparamos o espazo no 1º andar para acoller ao grupo de Jazz, MARTÍNEZ ANTELO TRIO, que nos ofreceu un concerto. Foi un pracer poder gozar da música en directo e das explicacións que nos ía dando Xacobe, o papá de Teo e Braulio. Grazas polo voso esforzo, o cariño e a ilusión que puxestes.




Aí vai un video para lembrar como soaba. Magnífico!!!



E  despois do recreo, aínda tivemos un tempo para facer o sementeiro coas sementes de esponxa e cabaciño que nos agasallou Luísa, a nosa guía virtual no horto escolar. Aí van as fotos das sementes e das esponxas, xa listas para seren usadas. Cando nazan, xa vos iremos informando.


venres, 4 de abril de 2014

DE EXCURSIÓN EN CORUÑA


 A semana pasada, fomos de excursión a Coruña para visitar os museos científicos: DOMUS e CASA DAS CIENCIAS.
Nos dous museos puidemos aprender xogando, e de feito fixémolo. Na Domus, todo o relacionado co mundo das persoas: o corazón, a reprodución, os homínidos ... Alí vimos unha proxección en 3D que chamou a nosa atención.
Xantamos no Parque de Santa Margarida, preto da Casa das Ciencias, mercamos un xeado, xogamos no parque infantile logo a xogar outra vez, cos aparellos que había: os péndulos, os bambáns, os pitiños (que nos lembraron aos nosos do ano pasado) e, por suposto, a sesión no Planetario.
Que excursión máis chula!