Páxinas

Buscar neste blog

luns, 28 de decembro de 2015

COUSAS PENDENTES

OLA! COMO VAN ESAS VACACIÓNS? SUPOÑO QUE GOZANDO DO DESCANSO E DOS AGASALLOS EN BOA COMPAÑA. 
Tal e como quedaramos, aquí van unhas fotos con algúns dos textos que tiñamos preparados pero non están todos. Seguiremos informando...

















Feliz Nadal! 
Aula Barouta

sábado, 19 de decembro de 2015

REMATAMOS!!!

E CHEGOU A FIN DO TRIMESTRE...
Estivemos tan ocupados cos exames e co bar que nos esquecemos de publicar un montón de cousas que tiñamos preparadas. Agora, iremos poñendo pouco a pouco algunhas.
Como estamos no Nadal, aí van os nosos postais. Que vos gusten!





  HOXE TIVEMOS A FESTA DE DESPEDIDA

Pasámolo moi ben, a verdade. Cada aula preparou a súa cantarea ou un baile e nós, como somos de sexto, puxemos o broche final. Bailamos o "Pasodobre das costureiras" de Xabier Díaz. Unha peza moi fermosa do seu derradeiro disco e cantamos unha panxoliña en inglés. Aínda non temos as fotos da festa pero vai un adianto no ensaio



Seguiremos informando!
Aula Barouta

sábado, 12 de decembro de 2015

OUTRO ÉXITO DO BARSEXTO

HOXE ABRIMOS POR SEGUNDA VEZ O NOSO BAR

Volveu ser estupendo. Había bocatas de chourizo, de queixo, de crema de chocolate e tamén biscoito. Pensamos que tiñamos de abondo pero estaban tan ricos que houbo quen repetiu e algúns quedaron sen el. Sentímolo moito e agardamos compensarvos o próximo día.
GRAZAS a tod@s pola vosa colaboración!


E agora unha nova para todos os nosos seguidores e seguidoras:

O BARSEXTO PECHA AS SÚAS PORTAS POR VACACIÓNS. 
PERO NON VOS PREOCUPEDES QUE VOLVEMOS EN XANEIRO!
                                         BO NADAL!
Aula Barouta




venres, 4 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ!!!

Hoxe inauguramos BARSEXTO no colexio.

A verdade é que estamos moi ilusionados con esta idea. levamos un montón de días preparando todo: publicidade, organización de equipos, información ao resto do alumnado de Primaria ... Fomos creando expectación e agora toca comprobar se somos unha boa empresa.
Mirade, esta idea dóunola unha nai. O que queremos é recadar cartos para a excursión de fin de Primaria, que pensamos facer aló no mes de xuño. Non sabemos se gañaremos moitos cartos pero ilusión poñemos a esgalla e, o máis importante, imos aprender un montón!
Cada venres, 4 ou 5 alumnos da clase serán os encargados de xestionar o bar acompañados dun grupiño de nais e pais. Terán que preparar os bocadillos, vendelos e levar as contas. 
Temos unha caixa de caudais de lata e un espazo moi ben decorado. Xa vos contaremos a nosa experiencia.
Hoxe, inauguramos cunha oferta estupenda: biscoito gratis para todo o centro! Un agasallo das familias.
                               Grazas por acompañarnos!





Aula sexto

martes, 1 de decembro de 2015


Morre ós 87 anos Xosé Neira Vilas

O autor de "Memorias dun neno labrego", o maior bestseller da narrativa galega, faleceu na súa casa de Gres, no concello de Vila de Cruces. Narrador, ensaísta, periodista e poeta, moitos o compararon con Balbino, o personaxe máis famoso da súa creación literaria

Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas / Kalandraka Edicións