Páxinas

Buscar neste blog

venres, 4 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ!!!

Hoxe inauguramos BARSEXTO no colexio.

A verdade é que estamos moi ilusionados con esta idea. levamos un montón de días preparando todo: publicidade, organización de equipos, información ao resto do alumnado de Primaria ... Fomos creando expectación e agora toca comprobar se somos unha boa empresa.
Mirade, esta idea dóunola unha nai. O que queremos é recadar cartos para a excursión de fin de Primaria, que pensamos facer aló no mes de xuño. Non sabemos se gañaremos moitos cartos pero ilusión poñemos a esgalla e, o máis importante, imos aprender un montón!
Cada venres, 4 ou 5 alumnos da clase serán os encargados de xestionar o bar acompañados dun grupiño de nais e pais. Terán que preparar os bocadillos, vendelos e levar as contas. 
Temos unha caixa de caudais de lata e un espazo moi ben decorado. Xa vos contaremos a nosa experiencia.
Hoxe, inauguramos cunha oferta estupenda: biscoito gratis para todo o centro! Un agasallo das familias.
                               Grazas por acompañarnos!





Aula sexto

5 comentarios:

  1. Como molou o bar.
    A cola chegaba a nosa clase, espero que o seguinte venres sea así.
    Chao bicos e apertas.
    CARLA C

    ResponderEliminar
  2. O bar foi un éxito absoluto xa que fixemos moita publicidade. O máis importante foi que o pasamos xenial e que nos sentimos importantes! :) :P
    Carla Redonodo Porto º>

    ResponderEliminar
  3. Encantoume a idea do bar.
    Oxala o venres seginte teñamos tantos clientes e recaudemos tantos cartos.

    ResponderEliminar
  4. Si molou moito a este paso gañamos para ir a excursión gratis

    ResponderEliminar
  5. Si foi espectacular ��

    ResponderEliminar