A verdade é que estamos moi ilusionados con esta idea. levamos un montón de días preparando todo: publicidade, organización de equipos, información ao resto do alumnado de Primaria ... Fomos creando expectación e agora toca comprobar se somos unha boa empresa.
Mirade, esta idea dóunola unha nai. O que queremos é recadar cartos para a excursión de fin de Primaria, que pensamos facer aló no mes de xuño. Non sabemos se gañaremos moitos cartos pero ilusión poñemos a esgalla e, o máis importante, imos aprender un montón!
Cada venres, 4 ou 5 alumnos da clase serán os encargados de xestionar o bar acompañados dun grupiño de nais e pais. Terán que preparar os bocadillos, vendelos e levar as contas.
Temos unha caixa de caudais de lata e un espazo moi ben decorado. Xa vos contaremos a nosa experiencia.
Hoxe, inauguramos cunha oferta estupenda: biscoito gratis para todo o centro! Un agasallo das familias.
Grazas por acompañarnos!
Aula sexto
Como molou o bar.
ResponderEliminarA cola chegaba a nosa clase, espero que o seguinte venres sea así.
Chao bicos e apertas.
CARLA C
O bar foi un éxito absoluto xa que fixemos moita publicidade. O máis importante foi que o pasamos xenial e que nos sentimos importantes! :) :P
ResponderEliminarCarla Redonodo Porto º>
Encantoume a idea do bar.
ResponderEliminarOxala o venres seginte teñamos tantos clientes e recaudemos tantos cartos.
Si molou moito a este paso gañamos para ir a excursión gratis
ResponderEliminarSi foi espectacular ��
ResponderEliminar