RECITANDO A ROSALÍA NO 178 ANIVERSARIO
NÓS TAMÉN SOMOS ROSALÍA!
Hoxe foi un día especial para nós e estamos moi emocionados e nerviosos. Estes días ocorreron un montón de cousas, e todas boas (ou case).
Acabamos de pasar o Entroido, fixemos a gravación da nosa canción e, hoxe, recitamos a Rosalía.
Pola mañá, na Biblioteca do cole fixemos o noso recital e, pola tarde, un grupiño de 6 persoas tiveron a responsabilidade de representarnos no acto que organizou o Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro, co gallo do "Dia de Rosalía".
Canta actividade!
Cantos nervios!
Canta ilusión!
Houbo moito que ensaiar e en pouco tempo; mais todos colaboramos e aprendemos xuntos, que iso é do que se trata, ou non?. Practicamos dous poemas: "Para a Habana" e "Mais o que ben quixo un día". Ao principio resultaba difícil pero logo xa lle fomos collendo o xeito.
No Milladoiro había moito público, viñeron as familias e tamén varios compañeiros e compañeiras que nos arrouparon con moita ilusión. Recitou moita xente e, ao remate, cantou Amancio Prada. Estivo xenial podelo ver tan de preto e escoitar as súas cousas.
Foi unha xornada estupenda. Mágoa que non puidera estar toda a clase pero imos pór a gravación e así gozamos xuntos.
Recital na Biblioteca do Colexio.
Recital na Casa da Cultura do Milladoiro.
Recital na Biblioteca do Colexio.
Recital na Casa da Cultura do Milladoiro.
Aula Barouta