Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 4 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

O venres, día 30 de xaneiro, celebramos no noso cole o Día da Paz. Cada ano aprendemos algunha canción nova. Este ano gustounos moito unha de Ana Torroja, "Sonrisa". Pero tamén gozamos con Toc Toc, de Pablo Díaz; a Rumba das apertas, de Magín Blanco; o Mundo é grande, de Belén Junquera. Pero sempre rematamos coa canción "No dudaría", de Antonio Flores.
Este ano, descubrimos moitas cousas desta efemérede. Resultou interesante. Logo, o propio día, estampamos as nosas mans nun friso que percorría todo o cole. Que bonito!







Aula Barouta

1 comentario:

  1. Que ben o pasei.Gutoume pintar as mans e encantoume cantar as cancions

    ResponderEliminar