Páxinas

Buscar neste blog

martes, 24 de febreiro de 2015

DIA DE ROSALÍA

RECITANDO A ROSALÍA NO 178 ANIVERSARIO

NÓS TAMÉN SOMOS ROSALÍA!


Hoxe foi un día especial para nós e estamos moi emocionados e nerviosos. Estes días ocorreron un montón de cousas, e todas boas (ou case).
Acabamos de pasar o Entroido, fixemos a gravación da nosa canción e, hoxe, recitamos a Rosalía. 
Pola mañá, na Biblioteca do cole fixemos o noso recital e, pola tarde, un grupiño de 6 persoas tiveron a responsabilidade de representarnos no acto que organizou o Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro, co gallo do "Dia de Rosalía".
                        Canta actividade! 
                                                  Cantos nervios!
                                                                       Canta ilusión!

Houbo moito que ensaiar e en pouco tempo; mais todos colaboramos e aprendemos xuntos, que iso é do que se trata, ou non?. Practicamos dous poemas: "Para a Habana" e "Mais o que ben quixo un día". Ao principio resultaba difícil pero logo xa lle fomos collendo o xeito. 
No Milladoiro había moito público, viñeron as familias e tamén varios compañeiros e compañeiras que nos arrouparon con moita ilusión. Recitou moita xente e, ao remate, cantou Amancio Prada. Estivo xenial podelo ver tan de preto e escoitar as súas cousas. 
Foi unha xornada estupenda. Mágoa que non puidera estar toda a clase pero imos pór a gravación e así gozamos xuntos.

                                             Recital na Biblioteca do Colexio.
 


                                              Recital na Casa da Cultura do Milladoiro.

Aula Barouta

2 comentarios:

  1. Maria Luisa Vázquez Souto28 de febreiro de 2015, 00:07

    Parabén, aos que tivestes a responsabilidade de recitar a nosa querida poetisa Rosalía. Ela representa moi ben o sentir do noso pobo.
    Que sorte, que rematara o acto Amancio Prada, unha persoa, que a recita con tanto sentimento. Gústame moito! tiven a sorte de escoitalo cantar en directo, e foi fantástico!
    A seguir traballando e desfrutando!
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Luisa, que gusto lerte! A verdade é que estivo moi ben o acto. Xa participamos o ano pasado.
    Agora xa andamos ás voltas co horto. Achégase a primavera e temos moito que celebrar. Xa irás sabendo de nós.
    Bicos.
    Tere

    ResponderEliminar