Páxinas

Buscar neste blog

sábado, 19 de marzo de 2016

REMATAMOS TRIMESTRE

VOLVEMOS AO HORTO, APROVEITANDO QUE O TEMPO VAI MELLORANDO

Estes días estivemos preparando a sementeira: flores, aromáticas e hortalizas para levar logo ao horto. Estreamos un invernadoiro que puxemos na entrada do cole para protexer a xermolación das sementes. Está sendo moi interesante ver o proceso paso a paso.




 Aula  Barouta

mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO

                                                  Leandro Lamas


FELIZ DÍA DA MULLER!



(...)
Hainas que levan na fronte unha estrela,
hainas que levan no bico un cantar!



Hoxe, na hora de Valores, puxémonos a buscar no xornal algunha información sobre esta data especial e isto foi o que máis nos chamou a atención. A verdade é que nos serviu para reflexionar.
  • <<as mulleres aínda non teñen igualdade>> 
  • <<as mulleres xa ocupan un terzo dos altos cargos públicos>> 
  • <<a igualdade da muller, tan lonxe aínda!>>
  • <<o 72% dos traballos non chegan ao alcance das mulleres>>
  • << alta porcentaxe de traballadoras con formación superior en España>>
  • << dificultade das mulleres para atoparen traballo>> 
  • <<violencia de xénero: unhas 52.000 mulleres maltratadas viven en situación de risco; delas, 658 son menores e unhas dez mil, pediron axuda a través do telefone>>
E, para rematar, unha nota positiva:
  • <<As empresas con mulleres en altos cargos resultan máis rentables>>
Pero... relendo o dos altos cargos, deunos por pensar no noso Centro. Estes son os datos:
  • 19 prazas de profesorado, 16 mulleres e 3 homes
  • 3 cargos directivos: dirección (un home), xefatura (unha muller)e secretaría (un home). 
A que resulta chamativo? Nunha maioría de mulleres, os cargos directivos son mairitariamente masculinos!!!

                               seguiremos pensando...
                          Aula Barouta