Leandro Lamas |
FELIZ DÍA DA MULLER!
(...)
Hainas que levan na fronte unha estrela,
hainas que levan no bico un cantar!
Hoxe, na hora de Valores, puxémonos a buscar no xornal algunha información sobre esta data especial e isto foi o que máis nos chamou a atención. A verdade é que nos serviu para reflexionar.
- <<as mulleres aínda non teñen igualdade>>
- <<as mulleres xa ocupan un terzo dos altos cargos públicos>>
- <<a igualdade da muller, tan lonxe aínda!>>
- <<o 72% dos traballos non chegan ao alcance das mulleres>>
- << alta porcentaxe de traballadoras con formación superior en España>>
- << dificultade das mulleres para atoparen traballo>>
- <<violencia de xénero: unhas 52.000 mulleres maltratadas viven en situación de risco; delas, 658 son menores e unhas dez mil, pediron axuda a través do telefone>>
- <<As empresas con mulleres en altos cargos resultan máis rentables>>
- 19 prazas de profesorado, 16 mulleres e 3 homes
- 3 cargos directivos: dirección (un home), xefatura (unha muller)e secretaría (un home).
seguiremos pensando...
Aula Barouta
A violencia de xénero e o machismo é o peor para as mulleres. Eu aborrezco a xente que o fai e dende logo, se me atopo cun caso, non dudarei en avisar ou defendela. Hai 3 tipos de persoas no que se refire a discriminación de xénero: os que maltratan, os que animan ou miran ou os que actuan.
ResponderEliminarEste día é no que a muller se lle recoñece e recorda... ""Todos os días 8 DE MARZO!!""