martes, 26 de novembro de 2013
mércores, 20 de novembro de 2013
TEMPO DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO EN BAROUTA
Ui, temos un montón de novidades que esperamos vos gusten:
- un video que fixeron uns compas da clase (querémolo subir pero fáltanos o programa para reducir o peso, mágoa!) A verdade é que o vimos na aula e encantounos, grazas Teo e Nasti!
- fotos do Samaín e do Magosto
- un enlace pois hoxe celébrase o "Día dos dereitos do neno e da nena"
O día 30 celebramos o Samaín. Este ano o alumnado de Primaria celebrámolo no corredor do primeiro andar e o de Infantil no da planta baixa. Trouxemos un montón de cabazas. Algunhas eran moi divertidas.
Neste mural traballamos toda a clase. Que bruxa máis xeitosa! Aínda que moito medo non mete! |
Aquí estamos, celebrando o Samaín: algún conto, algunha canción e moitas bruxas e esquletos no público. |
Hai que mirar con atención, non si? |
Alegría e bo humor para despedir a xornada. |
E o día 8 de novembro, fixemos a festa das castañas, o MAGOSTO. De sempre, no noso cole, aproveitamos esta data para organizar xogos no pavillón. Este ano houbo: baile coa castaña, tiro de corda, carreira de sacos e outra en parella cos pés atados... Despois dun anaco xogando fomos probar as castañas. Había moitas e estaban realmente moi ricas.
Aínda tivemos tempo para xogar polo patio e borrar toda a cara con carbón. Isto é algo moi, moi divertido e que sempre agardamos con gusto.
Ata o ano que vén!
Aula Barouta
martes, 12 de novembro de 2013
SORPRESA, SORPRESAAAAAAAAAA!
Hoxe, cando estabamos na clase, veu a profe Marta e amosounos algo que atopara no patio...
Que será?
Que raro!
Nunca tal vin!
Despois de examinar, vimos que eran dúas lesmas que se estaban apareando. Deseguida miramos en internet, claro, e aprendemos algo que nunca nos preocupara antes.
Agora sabemos que as babosas son hermafroditas e se queres saber máis de como se reproducen clica aquí.
Foi todo un descubrimento!!!!!!!!!!!!
Aula Barouta
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)