Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 30 de outubro de 2016

TEMPO DE SAMAÍN

ASÍ PASAMOS O DÍA EN BAROUTA: CONTOS, CURTAS, CANTIGAS, MONSTROS, CABAZAS...
TODO PARA GAÑARLLE TEMPO AO MEDO

Neste tempo de outono, a natureza prepárase para os tempos duros que se aveciñan (friaxe, escuridade, chuvia...) E nós fixemos festa para coller forzas.
Pasámolo de medoooooooo!

Unhas imaxes para ilustrar como foi este día. 



Feliz descanso e o mércores volvemos con máis enerxía!
Aula Barouta

venres, 28 de outubro de 2016

NOVA VISITA AO HORTO

FLORES E UN SALTÓN "ASASINO"

Hoxe, ao rematar o recreo, fomos ao horto. Facía sol, estabamos poucos… levamos o caldeiro da materia orgánica, un sacho, unas tesoiras e unha caixa. Cal sería a proposta???
O primeiro foi situarnos ao redor do tallón das flores. Pouco a pouco, fomos cortando as flores secas dos caraveis indios para, logo recoller as súas sementes e plantalas na primavera.
Ao rematar, aproveitamos para percorrer o horto e observar as plantas que temos. Vimos que no sitio onde florearan as caléndulas, había un montón de plantiñas. Menos mal que a profe nolas amosou que senón pisariámolas. Como hai tantas, pensamos que podemos coller algunhas e regalalas entre as familias que teñan horto.
Despois fixemos un paseo polas aromáticas. Tocámolas e logo ulimos as mans. Algunhas cheiraban moi ben pero outras… teñen un olor moi forte, coma a ruda, por exemplo. Aínda que isto é cuestión de gustos…ou de olores!
Xa nos iamos ir, cando un saltón se pousou en Antía e logo en Martina… ui! Que nervios pasaron! Finalmente collémolo e levámolo para a aula para podelo examinar coa lupa.
Agora só quedaba enterrar o lixo orgánico na zona axeitada para contribuír á mellora da terra.

Foi un alto no medio de tanta cabaza e tanto Samaín




Aula Barouta



xoves, 27 de outubro de 2016

TEMPOS DE SAMAÍN

CANDO CHEGA O OUTONO... PETA Á PORTA O SAMAÍN!

É o tempo do medo, das bruxas, dos días máis curtos e das noites máis longas que tanto se prestan para contarmos historias arrepiantes.
No colexio andamos preparando o ambiente. 
Facendo nas momias para a árbore. Quedaron ben, o malo foi recortar!


O noso mandala de outono puxémolo no corredor. Podedes vir a miralo. A nós gústanos.

Aula Barouta



mércores, 26 de outubro de 2016

UNHA LECCIÓN AO AIRE LIBRE

APRENDENDO A OBSERVAR O NOSO MEDIO

Xa fai uns días saímos ao patio para termos unha lección de naturais na natureza. Descubrimos cousas sobre algunhas árbores froiteiras do xardín que non coñeciamos. 
Vimos o augacate cargadiño... Este outono poderemos probalos ben a gusto! Pero en realidade o que buscabamos era observar os primeiros froitos da noceira.
                                Mirade, mirade!


Este foi o resultado... Non dá para moita festa pero é a primeira vez que dá froito esta noceira. 

As noceiras que vedes na foto, foron plantadas hai dez anos, con outros nenos e nenas que fixeron todo o proceso (recollida de noces, poñelas en maceta, coidalas e, logo, pasalas ao xardín do colexio). Creo que pagou a pena, non si?

Outro día falaremos do augacate. Esa é outra historia!
Aula Barouta

martes, 18 de outubro de 2016

UN SAÚDO NOVO NESTE ESPAZO

UN NOVO CURSO, UN NOVO PROXECTO

SOMOS O NOVO GRUPO DE 5º DE PRIMARIA DE BAROUTA E INICIAMOS A NOSA ANDAINA POR ESTES MEDIOS. GUSTARÍANOS QUE NOS ACOMPAÑARADES.

Fai uns días, recibimos a visita de Nazareth, de Radio Ames. E sabedes para que? Pois íanlle facer unha homenaxe a Jesús Seage, o director que se xubilou o ano pasado. Como nós foramos os seus derradeiros alumnos e alumnas neste centro, viñéronnos a gravar...
Que emoción, que de nervios!!! Á fin fixémolo e aí vai unha mostra fotográfica. Quedaron en nos mandar a gravación pero aínda non a temos. 



Xa sabemos que Jesús escoitouna e que se emocionou!
                                           
                                         Unha aperta!
                                                                                                               Aula Barouta