Páxinas

Buscar neste blog

venres, 28 de outubro de 2016

NOVA VISITA AO HORTO

FLORES E UN SALTÓN "ASASINO"

Hoxe, ao rematar o recreo, fomos ao horto. Facía sol, estabamos poucos… levamos o caldeiro da materia orgánica, un sacho, unas tesoiras e unha caixa. Cal sería a proposta???
O primeiro foi situarnos ao redor do tallón das flores. Pouco a pouco, fomos cortando as flores secas dos caraveis indios para, logo recoller as súas sementes e plantalas na primavera.
Ao rematar, aproveitamos para percorrer o horto e observar as plantas que temos. Vimos que no sitio onde florearan as caléndulas, había un montón de plantiñas. Menos mal que a profe nolas amosou que senón pisariámolas. Como hai tantas, pensamos que podemos coller algunhas e regalalas entre as familias que teñan horto.
Despois fixemos un paseo polas aromáticas. Tocámolas e logo ulimos as mans. Algunhas cheiraban moi ben pero outras… teñen un olor moi forte, coma a ruda, por exemplo. Aínda que isto é cuestión de gustos…ou de olores!
Xa nos iamos ir, cando un saltón se pousou en Antía e logo en Martina… ui! Que nervios pasaron! Finalmente collémolo e levámolo para a aula para podelo examinar coa lupa.
Agora só quedaba enterrar o lixo orgánico na zona axeitada para contribuír á mellora da terra.

Foi un alto no medio de tanta cabaza e tanto Samaín




Aula Barouta



7 comentarios:

  1. ola profe!son Miguel, al fin mando un comentario eh!! =)un saudo!

    ResponderEliminar
  2. Ola!son Vanesa, gustoume moito ir o horto e ulir as flores:D

    ResponderEliminar
  3. Ola! Xa vexo que andivestes por aquí. Alédome.Por certo, se entrades en bibliobarouta, veredes imaxes da festa de hoxe. Mañá publicarei as nosas, espero.
    Unha aperta e bo Samaín!

    ResponderEliminar
  4. Ola! Xa vexo que andivestes por aquí. Alédome.Por certo, se entrades en bibliobarouta, veredes imaxes da festa de hoxe. Mañá publicarei as nosas, espero.
    Unha aperta e bo Samaín!

    ResponderEliminar
  5. OLA SE TI ANITA ESTAS LENDO ESTO SON ELENA

    ResponderEliminar