FLORES E UN SALTÓN "ASASINO"
Hoxe, ao rematar o recreo,
fomos ao horto. Facía sol, estabamos poucos… levamos o caldeiro da materia
orgánica, un sacho, unas tesoiras e unha caixa. Cal sería a proposta???
O primeiro foi situarnos ao
redor do tallón das flores. Pouco a pouco, fomos cortando as flores secas dos
caraveis indios para, logo recoller as súas sementes e plantalas na primavera.
Ao rematar, aproveitamos
para percorrer o horto e observar as plantas que temos. Vimos que no sitio onde
florearan as caléndulas, había un montón de plantiñas. Menos mal que a profe
nolas amosou que senón pisariámolas. Como hai tantas, pensamos que podemos
coller algunhas e regalalas entre as familias que teñan horto.
Despois fixemos un paseo
polas aromáticas. Tocámolas e logo ulimos as mans. Algunhas cheiraban moi ben
pero outras… teñen un olor moi forte, coma a ruda, por exemplo. Aínda que isto
é cuestión de gustos…ou de olores!
Xa nos iamos ir, cando un
saltón se pousou en Antía e logo en Martina… ui! Que nervios pasaron!
Finalmente collémolo e levámolo para a aula para podelo examinar coa lupa.
Agora só quedaba enterrar o
lixo orgánico na zona axeitada para contribuír á mellora da terra.
Foi un alto no medio de
tanta cabaza e tanto Samaín
Aula Barouta
ola profe!son Miguel, al fin mando un comentario eh!! =)un saudo!
ResponderEliminarOla!son Vanesa, gustoume moito ir o horto e ulir as flores:D
ResponderEliminarHola profe!Soy Manuel Garcia
EliminarQue tal?yo bien👍
Ola! Xa vexo que andivestes por aquí. Alédome.Por certo, se entrades en bibliobarouta, veredes imaxes da festa de hoxe. Mañá publicarei as nosas, espero.
ResponderEliminarUnha aperta e bo Samaín!
Ola! Xa vexo que andivestes por aquí. Alédome.Por certo, se entrades en bibliobarouta, veredes imaxes da festa de hoxe. Mañá publicarei as nosas, espero.
ResponderEliminarUnha aperta e bo Samaín!
OLA SE TI ANITA ESTAS LENDO ESTO SON ELENA
ResponderEliminarBIBLIOBAROUTA!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminar