Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 28 de abril de 2016

MEMORIA PROXECTO VOZ NATURA

"RIAMONTE, UN LUGAR PARA COÑECER"

Este é o título do proxecto que desenvolvemos este curso no colexio, xunto co de Agro do Muíño.
Pateamos este lugar, próximo ao noso centro, coñecemos os seus sendeiros, admiramos as vistas desde o San Marco, quitamos hedra das paredes dos muíños e do tronco das sobreiras... estas foron algunhas das actividades realizadas. Foi un traballo ben interesante e que vos animamos a que miredes con calma.
Nós aprendemos moito e agardamos que vós, lectores e lectoras, tamén o fagades.
Pero esta memoria non vai só de Riamonte. Tamén contamos a nosa experiencia no horto.
Oxalá vos guste!



domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

AMADRIÑANDO LECTORES 
                                           LENDO AOS MÁIS PEQUENOS

xoves, 14 de abril de 2016

QUE TAL SE POMOS UN ARROZAL EN BAROUTA?

CHOVE A MARES ESTES DÍAS PERO EN BAROUTA ADEMAIS TEMOS UN MANANCIAL NO PATIO...

Desde hai un tempo, no patio de detrás do pavillón, hai unha perda de auga importante que está deitando día a día. Isto, sumado á auga que cae nestes días, provoca que teñamos un campo anegado con risco para o noso alumnado. De feito, algún xa caeu neste lameiro.
Hoxe, o grupo de 6º, estivemos alí un bo pouco e ocorréusenos que igual podiamos pór un arrozal!!!! Ou un estanque para tartarugas... Que vos parece?
Ao mellor a alguén tamén se lle ocorre vir mirar e buscar unha solución???

                                                    QUEN SABE? 


Todo este campo está cheo de auga.

domingo, 3 de abril de 2016

FESTA DA PRIMAVERA

POESÍA NAS ÁRBORES
Este foi o lema que escollemos este ano para celebrarmos, no colexio, A Festa da Primavera.
Pola mañá fomos saíndo, por quendas, todas as aulas para facer a plantación de árbores froiteiras no horto, algunhas ornamentais e outras de madeira, na fraga que estamos procurando a carón do horto. Despois do recreo fixemos o recitado dos poemas que tiñamos seleccionados con anterioridade para colgalos, finalmente, nalgunha das árbores do patio.




 Foi unha xornada ben bonita e da que xa contaremos máis cousas en días vindeiros.
Pero é que tamén abrimos o Barsexto, así que foi unha xornada ben variada e intensa.
 Aula Barouta

REMATANDO O TRIMESTRE (BIS)

NA DERRADEIRA SEMANA, xusto antes das vacacións, fixemos dúas actividades que nos gustaron moito. A primeira, foi un xogo de confianza entre cegos e xordo-mudos. Tratábase de experimentar o espazo coñecido pero sen ver; o cego deixábase guiar e o xordo-mudo tiña que coidar e procurar experiencias positivas. Deunos moito que pensar e falar. Quedamos con ganas de seguir afondando nestas vivencias.

A outra foi un ensaio de "Soung painting" no ximnasio. Tamén foi grato e, desta vez, contamos con dous profes (Xacobe e Patricia). Canto estamos aprendendo! Grazas.

Aula Barouta