Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 14 de abril de 2016

QUE TAL SE POMOS UN ARROZAL EN BAROUTA?

CHOVE A MARES ESTES DÍAS PERO EN BAROUTA ADEMAIS TEMOS UN MANANCIAL NO PATIO...

Desde hai un tempo, no patio de detrás do pavillón, hai unha perda de auga importante que está deitando día a día. Isto, sumado á auga que cae nestes días, provoca que teñamos un campo anegado con risco para o noso alumnado. De feito, algún xa caeu neste lameiro.
Hoxe, o grupo de 6º, estivemos alí un bo pouco e ocorréusenos que igual podiamos pór un arrozal!!!! Ou un estanque para tartarugas... Que vos parece?
Ao mellor a alguén tamén se lle ocorre vir mirar e buscar unha solución???

                                                    QUEN SABE? 


Todo este campo está cheo de auga.

2 comentarios:

  1. Moi ben feito isto de denuncialo... Non pode seguir así!

    Sintoo, non publiquei o comentario ás 16:00, senón ás 15:15. Jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Hey ... eu falaba enserio sobre o do arrozal : ) Ata que non se arregle podiamos sacarlle partido . Jajajajaja

    ResponderEliminar