Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 28 de abril de 2016

MEMORIA PROXECTO VOZ NATURA

"RIAMONTE, UN LUGAR PARA COÑECER"

Este é o título do proxecto que desenvolvemos este curso no colexio, xunto co de Agro do Muíño.
Pateamos este lugar, próximo ao noso centro, coñecemos os seus sendeiros, admiramos as vistas desde o San Marco, quitamos hedra das paredes dos muíños e do tronco das sobreiras... estas foron algunhas das actividades realizadas. Foi un traballo ben interesante e que vos animamos a que miredes con calma.
Nós aprendemos moito e agardamos que vós, lectores e lectoras, tamén o fagades.
Pero esta memoria non vai só de Riamonte. Tamén contamos a nosa experiencia no horto.
Oxalá vos guste!



3 comentarios:

  1. Tere:sempre e grato votar unha ollada ao blogue de aula barouta. A memoria xenial! vina toda, canto traballastes! Síntome tan contenta vendo a eses nenos desfrutando e aprendendo. É fantástico o organizado que tendes o horto, o mal tempo non foi un atranco para seguir ca vosa actividade. A idea dos sementeiros nas aulas, xenial! Para min, os sementeiros e a recollida das sementes e a parte máis importante! Cantas veces comemos hortalizas e froitas e non lle damos importancia as sementes. Pero cando un sabe que esa semente é o xerme da vida,si se aprecia! Parabéns! para todos os que facedes que isto sexa unha realidade. Sei que hai moito traballo, pero o esforzo mereceu a pena. Eses rapaces, quiste ano rematan a primaria, algún dia quizais pasen polo colexio e verán con orgullo eses arbores que plantaron ou axudaron a facelo. E seguro que dirán: que felices fomos e canto aprendemos!
    Saúdos e bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Luísa. A min tamén me reconforta recibir o teu recoñecemento. A verdade é que traballamos moito e todo o Centro estivo moi implicado. Oxalá que estas sementes prendan en cursos vindeiros.
      Unha aperta sempre.
      Tere

      Eliminar
  2. Ese día paseino xenial, entre estar todos xuntos e axudar e observar a natureza paseino moi ben.

    Bicos e apertas de CARLA C

    ResponderEliminar