Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 15 de decembro de 2016

CHEGA O NADAL...

COIDADO COS AGASALLOS!!!

Aquí están os nosos postais, para pór un pouco de alegría nos nosos días.
Desexamos que pasedes/pasemos un Bo Nadal e que, o Novo Ano, traia moitas sorpresas curiosas, divertidas e agradables!


Agora andamos moi atarefados coa preparación da festa do último día. Pero... disto xa vos falaremos.
                       chao!


Aula Barouta












mércores, 14 de decembro de 2016

CREACIÓN ARTÍSTICA

AO PRIMEIRO NON ESTABAMOS MOI SEGUROS PERO AGORA SENTIMOS ORGULLO DO RESULTADO. AÍ VAI UNHA MOSTRA.

De esquerda á dereita: Guillermo, Marta, Gloria, Eugeny, Antía, Brais, Abel, Rubén, Miguel, Esther, Jaime, Manuel V e Ana.
Fofo, Christian, Manuel G, Vanesa, Gisela, Pablo, Martina, Lucas, Iria e Julia

Norah, Nerea e Owen

Aula Barouta

xoves, 8 de decembro de 2016

GALICIA NO MUNDO: UN ORGULLO

GALICIA, O NOSO PAÍS, O NOSO DESCOÑECIDO

Talvez vos estaredes preguntando a que vén iso, hoxe. Pois si, hai unha razón, vén logo dunha reflexión a cerca do que me aconteceu onte no cole.
Un alumno preguntoume o que era unha nécora e eu botei as mans á cabeza. 
Se Galicia é coñecida no mundo, entre outras cousas, é polo seu marisco e as súas materias primas. Como é posible que un neno deste país non soubera que era un dos seus máis bens preciados??? 
Pensei moito sobre o asunto e cheguei á conclusión: 
que culpa ten alguén de non saber? 
Talvez, os adultos que andamos ao seu redor si temos algo de responsabilidade. 
Así que hoxe, vou deixar aquí unhas imaxes para que vaiamos coñecendo algo máis desta nosa terra, que levo con tanto orgullo no corazón.
ESTA É UNHA NÉCORA AÍNDA VIVA.

AQUÍ HAI LUBRIGANTE, VIEIRAS, NÉCORAS, AMEIXAS, NAVALLAS...



E para rematar algo da nosa música popular. Hoxe Treixadura. Que vos guste! E parabéns ás Conchas e Inmas.




Aula Barouta

xoves, 1 de decembro de 2016

El Poder de un Abrazo

Hoxe andiven un pouco pola rede e atopei esta historia que me pareceu interesante. É o meu abrazo para vós. Que vos preste!



Aula Barouta

domingo, 27 de novembro de 2016

A VISITA DO MAGO

O XOVES DA SEMANA PASADA, TIVEMOS UNHA VISITA ESPECIAL NO COLEXIO. VEU O MAGO NOEL E DEIXOUNOS UN SORRISO ESTUPENDO.
                                                  MOITAS GRAZAS!


No corredor da Bibliobarouta, grande espectación!
Vaia sorpresaaaa!
A nosa Julia tamén fixo maxia.
E para rematar... vimos a neve en Barouta!

sábado, 26 de novembro de 2016

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe foi un día especial na aula e no cole. Comezamos analizando un pouco o que significa esta data e fomos tomando consciencia do problema, lendo e informándonos.
Logo, veu a tele a gravarnos ao colexio e iso tamén foi un acontecemento.Aquí vai algo do noso traballo para axudar na reflexión.
Algúns datos para reflexionar...



A nosa colaboración ao acto conxunto na entrada do colexio. O lema escollido era: "Usamos a forza para..."








Aula Barouta

xoves, 24 de novembro de 2016

25 N-DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Sabiades que, no que vai de ano, xa levamos 40 mulleres asasinadas? Hainas novas e vellas, nais e fillas. Non importa a idade, nin a profesión, nin...
                                         Temos que parar isto!
                                                               Nada xustifica a violencia.

Este ano, no colexio, sumámonos á campaña "Concellos en negro contra a violencia de xénero". 


Aula Barouta

domingo, 20 de novembro de 2016

MÁIS NOVAS


VIAXES POLA CONTORNA

Como saberedes, esta semana pasada, iniciamos, por fin, os nosos percorridos pola contorna para coñecer algo máis do noso patrimonio cultural. 
De momento fixemos dúas saídas: a primeira foi co alumnado de 5º e 6º para percorrer un anaco do camiño de Fisterra, entre Augapesada e Ponte Maceira. A segunda, foi cos grupos de 3º, para descobrir a ruta do Rego Andoriña.
Aquí vos deixo unha primeira mostra para abrir boca. Pronto teredes un álbum máis completo.

Iniciando a ruta con moita ilusión.

Collendo forzas na fonte santa para andar os 5 quilómetros que nos agardan.
Aula Barouta

luns, 14 de novembro de 2016

UN DÍA ALGO DIFERENTE

Hoxe, sentímonos poetas e algo músicos.
Estabamos na aula lendo un poema de Juan Ramón Jiménez para, logo, analizar a súa rima, medida e ritmo. Entón, para velo mellor, ocorréusenos poñerlle música. Ao principio non nos atreviamos pero logo... xa case faciamos rock!
Finalmente, engadímoslle unha estrofa. E aquí vai o poema orixinal máis a nosa estrofa, ao final.


NOVIA DEL CAMPO, AMAPOLA
                                   Juan Ramón Jiménez
Novia del campo, amapola,
que estás abierta en el trigo;
amapolita, amapola,
¿te quieres casar conmigo?

Te daré toda mi alma,
tendrás agua, tendrás pan,
te daré toda mi alma,
toda mi alma de galán.

Tendrás una casa pobre,
yo te querré como un niño,
tendrás una casa pobre,
llena de sol y cariño.

           Eres mi flor preferida,
           entre toda la pradera,
           eres mi flor preferida,
           nacida en la primavera.


Ata fixemos unha gravación pero non quedou alá moi ben. Seguiremos insistindo.

 Aula Barouta

sábado, 12 de novembro de 2016

MAGOSTO EN BAROUTA, VAIA FESTA!

UN TRABALLO DIFERENTE, UN DÍA ESPECIAL!

Á fin chegou o día! E foi ben agradable, tanto polas actividades coma polo tempo, que nos deixou gozar fóra dos xogos, do encontro coas familias, das castañas...
Aquí queda unha mostra da nosa creación natural no patio. Gustounos moito facela e quedamos ben orgullosos. Agardamos que vos guste.



Aula Barouta

xoves, 10 de novembro de 2016

XA ESTÁ PRETO O MAGOSTO

POLO SAN MARTIÑO... TROMPOS AO CAMIÑO
E
              POLO SAN AMARO... TROMPOS AO FAIADO

Este venres imos celebrar a festa do magosto. Sempre é un día especial pero este ano temos algunha novidade. Para que non perdades detalle aquí vos deixamos o plan.
  • 10,45 h creación artística no patio
  • 11,30 h xogos no patio (peón, corda, zancos, chapas...)
  • 12,35 h degustación de castañas, baile, tisnado...
A que promete ser un día estupendo?

Ah! E non deixedes de mirar a exposición de trompos que temos. Cada recreo aproveitamos para practicar. Mirade, mirade!!!





Seguiremos informando.
Aula Barouta

luns, 7 de novembro de 2016

COÑECENDO A NOSA CONTORNA

QUE PODEMOS ATOPAR PRETO DE NÓS?

Dende o colexio e coa colaboración do Concello, andamos a organizar unhas saídas para coñecer un pouco máis do noso medio máis próximo.
A primeira ía ser este venres pero... a chuvia non nos deixou. Con todo, ímola facer tan pronto como poidamos.
Para que vaiades sabendo, déixovos aquí o plan.

  • Andaina polo "Camiño de Muxía", entre Augapesada e Ponte Maceira. Vai ser para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.  Un percorrido desde a época romana, pasando pola Idade Media e chegando aos nosos tempos. Coñeceremos algunhas das construcións tradicionais e aprenderemos algo da historia do Mar de Ovellas.
  • Os grupos de 3º e 4º, van facer outro percorrido pero por Tapia e o rego Andoriña. Poderán ver muíños, hórreos, algún pombal...
Sacaremos fotos e anotaremos todo o que vaiamos vendo para logo contalo.
A que xa vos apetece?
Aula Barouta

domingo, 30 de outubro de 2016

TEMPO DE SAMAÍN

ASÍ PASAMOS O DÍA EN BAROUTA: CONTOS, CURTAS, CANTIGAS, MONSTROS, CABAZAS...
TODO PARA GAÑARLLE TEMPO AO MEDO

Neste tempo de outono, a natureza prepárase para os tempos duros que se aveciñan (friaxe, escuridade, chuvia...) E nós fixemos festa para coller forzas.
Pasámolo de medoooooooo!

Unhas imaxes para ilustrar como foi este día. 



Feliz descanso e o mércores volvemos con máis enerxía!
Aula Barouta

venres, 28 de outubro de 2016

NOVA VISITA AO HORTO

FLORES E UN SALTÓN "ASASINO"

Hoxe, ao rematar o recreo, fomos ao horto. Facía sol, estabamos poucos… levamos o caldeiro da materia orgánica, un sacho, unas tesoiras e unha caixa. Cal sería a proposta???
O primeiro foi situarnos ao redor do tallón das flores. Pouco a pouco, fomos cortando as flores secas dos caraveis indios para, logo recoller as súas sementes e plantalas na primavera.
Ao rematar, aproveitamos para percorrer o horto e observar as plantas que temos. Vimos que no sitio onde florearan as caléndulas, había un montón de plantiñas. Menos mal que a profe nolas amosou que senón pisariámolas. Como hai tantas, pensamos que podemos coller algunhas e regalalas entre as familias que teñan horto.
Despois fixemos un paseo polas aromáticas. Tocámolas e logo ulimos as mans. Algunhas cheiraban moi ben pero outras… teñen un olor moi forte, coma a ruda, por exemplo. Aínda que isto é cuestión de gustos…ou de olores!
Xa nos iamos ir, cando un saltón se pousou en Antía e logo en Martina… ui! Que nervios pasaron! Finalmente collémolo e levámolo para a aula para podelo examinar coa lupa.
Agora só quedaba enterrar o lixo orgánico na zona axeitada para contribuír á mellora da terra.

Foi un alto no medio de tanta cabaza e tanto Samaín




Aula Barouta



xoves, 27 de outubro de 2016

TEMPOS DE SAMAÍN

CANDO CHEGA O OUTONO... PETA Á PORTA O SAMAÍN!

É o tempo do medo, das bruxas, dos días máis curtos e das noites máis longas que tanto se prestan para contarmos historias arrepiantes.
No colexio andamos preparando o ambiente. 
Facendo nas momias para a árbore. Quedaron ben, o malo foi recortar!


O noso mandala de outono puxémolo no corredor. Podedes vir a miralo. A nós gústanos.

Aula Barouta



mércores, 26 de outubro de 2016

UNHA LECCIÓN AO AIRE LIBRE

APRENDENDO A OBSERVAR O NOSO MEDIO

Xa fai uns días saímos ao patio para termos unha lección de naturais na natureza. Descubrimos cousas sobre algunhas árbores froiteiras do xardín que non coñeciamos. 
Vimos o augacate cargadiño... Este outono poderemos probalos ben a gusto! Pero en realidade o que buscabamos era observar os primeiros froitos da noceira.
                                Mirade, mirade!


Este foi o resultado... Non dá para moita festa pero é a primeira vez que dá froito esta noceira. 

As noceiras que vedes na foto, foron plantadas hai dez anos, con outros nenos e nenas que fixeron todo o proceso (recollida de noces, poñelas en maceta, coidalas e, logo, pasalas ao xardín do colexio). Creo que pagou a pena, non si?

Outro día falaremos do augacate. Esa é outra historia!
Aula Barouta

martes, 18 de outubro de 2016

UN SAÚDO NOVO NESTE ESPAZO

UN NOVO CURSO, UN NOVO PROXECTO

SOMOS O NOVO GRUPO DE 5º DE PRIMARIA DE BAROUTA E INICIAMOS A NOSA ANDAINA POR ESTES MEDIOS. GUSTARÍANOS QUE NOS ACOMPAÑARADES.

Fai uns días, recibimos a visita de Nazareth, de Radio Ames. E sabedes para que? Pois íanlle facer unha homenaxe a Jesús Seage, o director que se xubilou o ano pasado. Como nós foramos os seus derradeiros alumnos e alumnas neste centro, viñéronnos a gravar...
Que emoción, que de nervios!!! Á fin fixémolo e aí vai unha mostra fotográfica. Quedaron en nos mandar a gravación pero aínda non a temos. 



Xa sabemos que Jesús escoitouna e que se emocionou!
                                           
                                         Unha aperta!
                                                                                                               Aula Barouta

xoves, 8 de setembro de 2016

UN NOVO CURSO/NOVAS ILUSIÓNS

ISTO XA ESTÁ EN MARCHA... 
                                                 A MODIÑO PERO SEN PAUSA!!!
Como vai ser este ano?
Que cousas van aparecer aquí publicadas?
Iso é algo que aínda está por ver pero...
                          Non vos preocupedes, que xa vos iremos informando.

Comezamos unha nova etapa, pois o grupo anterior marchou. Ímolos botar de menos, é certo! Pero aquí estamos, abertos para outro grupo novo.

                BOA ANDAINA PARA AULA BAROUTA!!! 

Aula Barouta

martes, 5 de xullo de 2016

ADEUS SEXTOBAROUTA... FALAREMOS DESDE O INSTI

AÍ VAI A NOSA DESPEDIDA DE BAROUTA, DE SEXTO, DESTE CADERNO DE BITÁCORA E DE TODAS AS PERSOAS QUE NOS SEGUIADES. 
SEGUIREMOS EN CONTACTO!

Levamos no noso corazón un montón de recordos e de experiencia vivida e compartida.

            
                  ATA SEMPRE AMIGXS!
                                           BO VERÁN!
Aula Barouta 

venres, 1 de xullo de 2016

ENCONTRO INTERCENTROS E BAILES NA FESTA DA ANPA

 Encontro no Pazo da Peregrina, Bertamiráns. 
Os centros Agro do Muíño e Barouta xuntámonos para visualizar conxuntamente o traballo realizado en Riamonte. Esta é a nosa aportación.



A continuación,  van os vídeos cos bailes da festa da ANPA, que celebramos no colexio o 22 de xuño. O último non está completo pero servirá para ter no recordo. Agardo que vos guste.


 
Este baile, foi pensado na clase de Inglés, coa axuda da profe Elena.

 

Este vídeo foi pensado, polo alumnado de 6º, sen axuda. Teo, con Rubén encargáronse de gravar a música, previamente escollida na aula. Logo de concretar os cortes musicais, houbo que pensar na coreografía e vestimenta. Non había case tempo, pois xurdiu a idea no último momento. Houbo que pensar, falar, dixerir, practicar... todo en 2 días. Non está mal o resultado, verdade?
Pola miña parte, tedes os meus parabéns! Sodes uns artistas!
                         
                           Ata sempre!  e Bo verán!
Aula Barouta




xoves, 30 de xuño de 2016

A ACTIVIDADE MÁIS ESPERADA

TODO O ANO TRABALLANDO... PERO PAGOU A PENA!

 
Fábrica da luz de 2TERE


E XA TEMOS QUE FALAR DA DESPEDIDA DE VERDADE. TODO UN PROCESO!
LEVAMOS A FORTALEZA DO GRUPO, DO VIVIDO; DEIXAMOS AMIZADES, LEMBRANZAS. FOI UNHA SORTE PODER VIVIR XUNTXS ESTA ETAPA.






mércores, 29 de xuño de 2016

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

LEMBRADES CANDO VEU ÉRICA ESMORIS AO NOSO COLE???
Cantas cousas nos contou e canto aprendemos sobre a tarefa de escribir! Foi ben interesante.
Nós leramos a súa derradeira novela: "Nena e o mar". Gustounos moito e traballamos arreo pois ten cantidade de vocabulario relacionado co mundo do mar e que descoñeciamos.



E que dicir da nosa visita ao IES de Bertamiráns. Sentímonos un pouco maiores, a verdade, e fomos perdendo o medo ao insti.
Tivemos moita sorte cos nosos padriños, que nos amosaron case todos os recunchos. Recibiunos a directora, Marisol, e tamén Ana. Grazas a todos.


O Encontro na Peregrina co alumnado de Agro do Muíño foi moi emocionante. Escoitar a Maximino Viaño e a todos os poñentes... un privilexio. 

 A excursión ao Parque eólico experimental de Sotavento, en Xermade. Canto aprendemos e que ben  pasamos.

A nosa pegada no muro e a despedida cos cans.


 Aula Barouta