Páxinas

Buscar neste blog

luns, 7 de novembro de 2016

COÑECENDO A NOSA CONTORNA

QUE PODEMOS ATOPAR PRETO DE NÓS?

Dende o colexio e coa colaboración do Concello, andamos a organizar unhas saídas para coñecer un pouco máis do noso medio máis próximo.
A primeira ía ser este venres pero... a chuvia non nos deixou. Con todo, ímola facer tan pronto como poidamos.
Para que vaiades sabendo, déixovos aquí o plan.

  • Andaina polo "Camiño de Muxía", entre Augapesada e Ponte Maceira. Vai ser para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.  Un percorrido desde a época romana, pasando pola Idade Media e chegando aos nosos tempos. Coñeceremos algunhas das construcións tradicionais e aprenderemos algo da historia do Mar de Ovellas.
  • Os grupos de 3º e 4º, van facer outro percorrido pero por Tapia e o rego Andoriña. Poderán ver muíños, hórreos, algún pombal...
Sacaremos fotos e anotaremos todo o que vaiamos vendo para logo contalo.
A que xa vos apetece?
Aula Barouta

2 comentarios:

  1. hola son Marta de 5º. Xa estou desexando que veña o bo tempo para poder facer ese percorrido

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que razón tes, Marta. A min tamén me apetece un montón esa andaina. Sei que nos vai gustar moito.
      Un pouco de paciencia.

      Eliminar