QUE PODEMOS ATOPAR PRETO DE NÓS?
Dende o colexio e coa colaboración do Concello, andamos a organizar unhas saídas para coñecer un pouco máis do noso medio máis próximo.
A primeira ía ser este venres pero... a chuvia non nos deixou. Con todo, ímola facer tan pronto como poidamos.
Para que vaiades sabendo, déixovos aquí o plan.
- Andaina polo "Camiño de Muxía", entre Augapesada e Ponte Maceira. Vai ser para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Un percorrido desde a época romana, pasando pola Idade Media e chegando aos nosos tempos. Coñeceremos algunhas das construcións tradicionais e aprenderemos algo da historia do Mar de Ovellas.
- Os grupos de 3º e 4º, van facer outro percorrido pero por Tapia e o rego Andoriña. Poderán ver muíños, hórreos, algún pombal...
A que xa vos apetece?
Aula Barouta
hola son Marta de 5º. Xa estou desexando que veña o bo tempo para poder facer ese percorrido
ResponderEliminarQue razón tes, Marta. A min tamén me apetece un montón esa andaina. Sei que nos vai gustar moito.
EliminarUn pouco de paciencia.