RECITANDO A ROSALÍA NO 178 ANIVERSARIO
NÓS TAMÉN SOMOS ROSALÍA!
Hoxe foi un día especial para nós e estamos moi emocionados e nerviosos. Estes días ocorreron un montón de cousas, e todas boas (ou case).
Acabamos de pasar o Entroido, fixemos a gravación da nosa canción e, hoxe, recitamos a Rosalía.
Pola mañá, na Biblioteca do cole fixemos o noso recital e, pola tarde, un grupiño de 6 persoas tiveron a responsabilidade de representarnos no acto que organizou o Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro, co gallo do "Dia de Rosalía".
Canta actividade!
Cantos nervios!
Canta ilusión!
Houbo moito que ensaiar e en pouco tempo; mais todos colaboramos e aprendemos xuntos, que iso é do que se trata, ou non?. Practicamos dous poemas: "Para a Habana" e "Mais o que ben quixo un día". Ao principio resultaba difícil pero logo xa lle fomos collendo o xeito.
No Milladoiro había moito público, viñeron as familias e tamén varios compañeiros e compañeiras que nos arrouparon con moita ilusión. Recitou moita xente e, ao remate, cantou Amancio Prada. Estivo xenial podelo ver tan de preto e escoitar as súas cousas.
Foi unha xornada estupenda. Mágoa que non puidera estar toda a clase pero imos pór a gravación e así gozamos xuntos.
Recital na Biblioteca do Colexio.
Recital na Casa da Cultura do Milladoiro.
Recital na Biblioteca do Colexio.
Recital na Casa da Cultura do Milladoiro.
Aula Barouta
Parabén, aos que tivestes a responsabilidade de recitar a nosa querida poetisa Rosalía. Ela representa moi ben o sentir do noso pobo.
ResponderEliminarQue sorte, que rematara o acto Amancio Prada, unha persoa, que a recita con tanto sentimento. Gústame moito! tiven a sorte de escoitalo cantar en directo, e foi fantástico!
A seguir traballando e desfrutando!
Bicos.
Luisa, que gusto lerte! A verdade é que estivo moi ben o acto. Xa participamos o ano pasado.
ResponderEliminarAgora xa andamos ás voltas co horto. Achégase a primavera e temos moito que celebrar. Xa irás sabendo de nós.
Bicos.
Tere