Páxinas

Buscar neste blog

domingo, 9 de abril de 2017

PECHANDO O TRIMESTRE

SAÍDA A VIMIANZO PARA FACER UN PERCORRIDO HISTÓRICO, DENDE A IDADE MEDIA Á IDADE MODERNA

Saímos do colexio en autobús, ás nove en punto, e chegamos a Vimianzo, unha hora despois. Nada máis baixar, xa se vía o castelo alí no centro, nun alto, maxestoso para poder controlar todo o val de arredor.

Recibiunos Manuel, e levounos a dar unha volta polo foxo mentres nos ía contando a súa historia. Soubemos recoñecer nos escudos as familias que foron propietarias do castelo (Moscoso, Castro...). Entramos ao patio de armas e desde alí recorremos as súas estancias escoitando as historias de Manuel.

Este castelo ben conservado, hoxe é propiedade da Deputación e, por iso, o puidemos visitar de balde. Casualmente estaba alí o alcalde de Vimianzo, pois era o día da artesanía, e un grupo retratouse con el.

Toda a planta Baixa desta fortaleza medieval, está dedicada á artesanía da zona: o liño, os teares, as palilleiras, a cestaría, xoias con vidro…  Para rematar, subimos ás torres e despedímonos.

A continuación, chovendo e todo, fomos visitar as Torres do Allo. Trátase dun pazo grande, en bo estado de conservación e no que puidemos saber algo máis de como vivían os nosos antepasados entre os séculos XVI – XIX.
                                  Canta historia, mi madriña!

Xantamos nun local, antiga escola de Señoráns, preto dos muíños e batáns do Mosquetín. E aínda xogamos un pouco no parque infantil que había alí.

Para acabar a excursión, visitamos os muíños mailos batáns coa axuda de Manuel. E soubemos diferenciar uns dos outros.
                                  Foi ben chula esta saída!

AÍ VAN UNHAS IMAXES QUE DEMOSTRAN O DITO ANTERIORMENTE.





Aula Barouta

Ningún comentario:

Publicar un comentario