Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 19 de abril de 2017

ÁRBORES E POESÍA

ESTE ANO, EN BAROUTA, TAMÉN CELEBRAMOS ESTA DATA PLANTANDO E RECITANDO FERMOSOS POEMAS

Comezamos o día plantando unha árbore por clase. Algunhas eran grandiñas pero outras aínda son moi novas. Con todo puxemos todo o noso coidado para que medren. 
Algunhas mercámolas coa axuda de Voz Natura e outras sementámolas nós en anos anteriores ou regaláronnolas. Xa temos bastante completa a zona do horto con froiteiras variadas (cítricos, maceiras, pereiras, figueira, cerdeira) e agora seguiremos ampliando a zona da fraga.
Despois do recreo, fixemos o recital. Este ano oímos poemas de García Teijeiro, Manuel María, Celso Emilio... e outros poetas de recoñecido prestixio. 
                                            Toda unha festa!



árbores e poesía de 2TERE

Aula Barouta

2 comentarios:

  1. Ben bonita esta actividade. Da gusto vervos a todos participando. Parabéns a toda a Comunidade Educativa, especialmente a Tere.
    Cris P.

    ResponderEliminar