Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 19 de abril de 2017

ENCONTRO CON DAVID PÉREZ IGLESIAS

TODO O TEMPO DO MUNDO
Hoxe, 19 de abril, tivemos a sorte de contar coa presenza de David Pérez Iglesias na nosa Bibliobarouta. 

Ao longo do trimestre pasado, o alumnado de 5º e 6º estivemos lendo a súa novela "Todo o tempo do mundo", que foi o derradeiro premio Merlín de Xerais. Foi unha gozada lela e tamén falar con el. Que historia tan bonita! Na nosa aula deunos pé para falar de moitas cousas que as temos aí á vista pero que xa non se usan ou que xa non lles damos ese valor. Hoxe mesmo, veu Iria e trouxo á aula un trebello ben curioso, do que se fala na novela, e que servía para atar os monllos de centeo. David fíxonos unha explicación práctica. Que interesante, a verdade. 
A nosa historia atópase moitas veces en caixas no faiado ou nos trasteiros das casas vellas. Oxalá esta novela nos sirva para investigar sobre o noso patrimonio. 
David, contounos que el escribía como falaba, coa lingua que lle oíra aos seus avós, pais e veciños. Vese que é unha persoa ben observadora. Grazas por nolo contar e que sigamos contando coas súas novelas!
Unha aperta desde Barouta!



David ensinounos algúns dos seus tesouros da infancia: unha revista sobre física.

Christian deulle o noso diploma de Bibliobarouta para agradecerlle a súa presenza aquí.

Este trebello de madeira era para atar os monllos de centeo ou trigo cando se segaba. A primeira vez que viramos tal cousa.
Aula Barouta

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Hola son Norah . Gustoume moito ler este libro . Cada paxina aun era maís interesante , espero que David faga maís libros como este , e poder disfrutar lendo otra vez os seus libros . E tamen doutra visita sua .

    ResponderEliminar