Páxinas

Buscar neste blog

martes, 27 de maio de 2014

AS ESPONXAS VEXETAIS: UN DESCUBRIMENTO EN BAROUTA

POÑENDO AS ESPONXAS NO HORTO E MAILOS CABACIÑOS

O venres pasado, levamos as esponxas mailos cabaciños ao horto. Tiñamos un lugar reservado para cada unha. As esponxas, a carón do muro para que poidan medrar agarrándose na rede e os cabaciños despois das patacas, así terán sitio para se extender canto precisen.
 
as sementes e unha esponxa
As esponxas son as de diante; as de atrás son cabaciños

Tiñámolas en maceta desde o mes de marzo, cando as sementamos. Os cabaciños medraron moito pero as esponxas van máis a modo (xa se ve na foto). Ao longo da semana, pasámolas polas aulas do colexio para que todo o alumnado puidera ver a diferenza entre unhas e outras. Foi interesante!  
Agora queda esperar que medren ben e consigamos as nosas propias esponxas. Aí abaixo vai unha foto das esponxas que cultiva Luisa no seu horto de Valga; esta amiga foi a que nos dou as sementes e tamén todas as explicacións do seu cultivo. Grazas!

Estas teñen un bo tamaño.
As esponxas vexetais, como se parecen aos cogombros e aos cabaciños!!!

2 comentarios:

  1. Maria Luisa Vázquez Souto27 de maio de 2014, 16:25

    Que ben vos naceron as sementes! As das esponxas, tardan máis en nacer e medran máis lento! Necesitan calor e temos un tempo frío, para a época do ano, na que estamos. Sorte co transplante! E que teñades unhas fermosas esponxas e cabazas.

    ResponderEliminar
  2. Aí andamos, Luisa. De momento están fermosas. Pero do tempo non nos toca a nós responsabilizarnos!

    ResponderEliminar