Páxinas

Buscar neste blog

martes, 24 de xaneiro de 2017

FALANDO DE LIBROS E HISTORIAS


LENDO COLECTIVAMENTE E APRENDENDO

Esta historia comezámola xa no outro trimestre pero como facemos a lectura colectiva aínda non a rematamos. Xa queda pouco!Ao mesmo tempo que gozamos da aventura de Ana, imos sabendo dun país africano ben interesante, Tunicia.


Eu son Ana, unha nena baixiña e co pelo rizo e vermello. Este Nadal fun con meu pai de vacacións a Tunicia para coñecer unha cultura diferente da nosa.
A entrada no país foi un pouco de aventura pois chegamos tarde e logo tivemos que coller unha furgoneta vella para chegar ao noso hotel, na capital, Túnez. Polo camiño, ía pensando <<cando chegaremos?>>, <<vaia sitio máis estraño>>, <<a onde me trouxo meu pai!>>
O hotel era fermoso, parecía un palacio. Que ben durmín!
Ceando, coñecemos a un arqueólogo, Mr Webster, a Giulia e o príncipe Navaí, uns personaxes que van ter moita importancia na miña viaxe. Pero, para min, o importante foi coñecer a Abdullah, un mozo guapo do lugar, que me ensinou o país, a súa cultura e co que corrín moitas aventuras.

Cantas ganas teño de contarllo a Uxía cando volva a Galicia. Non o vai crer!


Se queredes saber como remata a historia do secuestro e que pasou coas ruínas... collede este libro na biblioteca do colexio. A nós gústanos!
Aula de 5º

2 comentarios: