Páxinas

Buscar neste blog

xoves, 30 de outubro de 2014

TEMPO DE OUTONO

O DÍA DO SAMAÍN

Hoxe imos ter festa no cole. Nesta quincena estivemos lendo libros de medo, historias de bruxas, de momias, de vampiros ... Debuxamos o medo, preparamos cabazas,cuns deseños ben coidados, e agora témolas expostas no corredor; ambientamos o espazo ... un montón de preparativos para celebrar o Samaín.
Para a actuación de hoxe, preparamos un baile co grupo de 6º. É a primeira vez que traballamos xuntos; puxemos un mogollón de empeño e de seguro que o imos facer moi ben. Que gusto dá resolver!!!
Aquí vai unha mostra do que fixemos.





sábado, 25 de outubro de 2014

TEMPO DE OUTONO

O MISTERIO CHEGA CO SAMAÍN

Estes días andamos atarefados polo tema do Samaín, xa que a festa celebrámola o xoves día 30. Estamos a ler moitas historias de medo, repasamos as cantigas do ano pasado e ata tentamos facer un baile... xa veremos como sae! 
Ao mesmo tempo temos que ir pensando nas cabazas. De momento xa temos unha enorme, enorme que trouxo Fátima. Témola colocada na carreta porque non podemos con ela. Moitas grazas por traela. As dos monstros, tróuxoas unha nena de 2º. A que molan?



                                                   Feliz Samaín!

mércores, 15 de outubro de 2014

PRESENTACIÓNS



COÑECENDO O NOSO GRUPO 

Xa estamos en 5º! E medramos en número (agora somos 26), en creatividade, en ideas, en responsabilidade, no traballo ...
                     Estamos madurando!
Por iso, este ano, pensamos en facer a nosa presentación particular: quen somos, que nos gusta, onde vivimos ... Acompañando ao texto de cada quen, vai a súa imaxe gráfica, realizada en Plástica.
                              Aí vai! Que vos guste! 



Así son eu from 2TERE

AULA BAROUTA 

martes, 14 de outubro de 2014

NO HORTO: AS ESPONXAS VEXETAIS

MEDRANDO E ENGORDANDO

Así de ben van as nosas esponxas. O malo é que con tanta chuvia non sei se quedará algunha. A ver se para o verán do San Martiño podemos recoller unha, polo menos.

Aló na primavera, sementamos as pebidas das esponxas e foron medrando protexidas, ata que no mes de xuño as puxemos no horto.

Logo, no verán, foron trepando pola rede,  florearon e amosaron os seus froitos. A que locen fermosas!

domingo, 5 de outubro de 2014

COMEZANDO CON FORZA

UNHA MOSTRA DA NOSA CREATIVIDADE

Con iso de iniciar curso e estrear cadernos, pensamos en facer unha portada bonita para un deles. Deixamos aquí unha mostra. A nós encantounos porque fomos superando retos que nos ían xurdindo. Traballar coas simetrías non foi doado para todo o mundo pero estamos orgullosos e orgullosas do resultado. 
Aí van as 25 portadas.







Aula Barouta