Páxinas

Buscar neste blog

mércores, 2 de outubro de 2013

VISITA Á GRANXA DE VACAS EN BUSTO-MAZARICOS

                                     Se clicas no enlace verás as fotos da nosa visita a Busto que colgou Feiraco
https://www.facebook.com/pages/Polo-correo-do-vento/129242989930?ref=stream&hc_location=timeline
O venres pasado, fomos de excursión a Mazaricos para ver a granxa que ten Feiraco na aldea de Busto. É unha explotación gandeira con 530 vacas estabuladas pero en liberdade, é dicir, pódense mover para comer, beber e saír ao exterior. Á parte, teñen uns cochos individuais para meteren os becerriños. Déixanos alí dous meses e aliméntanos co leite das vacas que lles botan nuns caldeiros con "mamadeiros". Nós tivemos a oportunidade de lle dar de mamar a un deles e foi a primeira vez para moitos.
Coñecemos a Mau e Pin, que son un escritor e un ilustrador de contos infantiles que fixeron un mural xigante na parede da granxa para explicar o proceso do leite. É moi bonito, cheo de cor e moi explicativo. Gustounos moito!!!
E sabedes que? Que fixemos unha vaca, Chenoa, seguindo as instrucións do ilustrador. Agora témolas colgadas no corredor da nosa clase para que todo o mundo as vexa. Saíronnos estupendas!!!

E agora aí van unhas fotos... 

 
Que mural tan bonito, a que si?


Gústannos estes contadores!

Aprendemos a debuxar a vaca Chenoa.

Este é o resultado.

De paseo polo establo:


Aínda quedan unhas poucas!

                   Foi unha excursión chulísima! 
                                                                Jessi, mágoa!
                    
                            !!!!!!!!!!!! 

As que faltaban!  

Que agradable ao tacto!

Que fame ten!

Gústache?

Mama, mama, que así medras máis!
                                                     Aula Barouta


4 comentarios:

  1. Tere tes razón, foi unha excursion chuísima.!!!! ;)
    O que mais me gustou foi tocar e darlle de mamar a os becerriños... Que monos!!!! Pero tamen me gustou o conte de Mau e Pin da vacan Chenoa.

    Puxeches as caritas!!! Jajajajajaja
    Carla.R

    ResponderEliminar
  2. ola a tod@s agora boume para o aeroporto as 11 da noite estou no aeroporto de Labacolla.

    ResponderEliminar
  3. BENVIDAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA! AGARDÁMOSTE A TI E TAMÉN A ESTHER E A MAMI!
    BOA VIAXE!
    AULA BAROUTA

    ResponderEliminar
  4. ola, amin encantoume ir a excursion e que volvera Jessi

    ResponderEliminar